Nexuiz 2.5

Tras case un ano de traballo por parte do seu equipo de desenvolvedores, o Nexuiz, un xogo de tiros en tres dimensións bastante popular no panorama do software libre, fixo pública hai nada a súa seguinte versión, a 2.5

Entre os cambios presentes nesta nova versión cabe salientar:

  • un HUD completamente redeseñado, coa posibilidade de personalizar a táboa de puntuacións,
  • redución á metade do consumo de ancho de banda nas partidas en liña, grazas a unha mellor comunicación cliente/servidor;
  • inclusión de novos mapas, sons, voces, efectos, texturas, punteiros, estilos de interface e unha morea de armas;
  • mellora da intelixencia artificial dos bots, así como redución do seu uso de procesador;
  • soporte para a gravación de vídeo en OGV,
  • inclusión de novos elementos aos mapas para sumarlles dinamismo,
  • engadido do editor de mapas NetRadiant,
  • mellora dos efectos visuais, agora moito máis atractivos,
  • recompilación dos mapas con iluminación externa para unha mellora das sombras,
  • unha morea de funcionalidades relativas aos torneos,
  • cambio na estrutura do menú, así coma mellora do mesmo,
  • e, por suposto, múltiples correccións de erros.

Ademáis diso, retomouse o soporte para múltiples campañas no modo de xogador individual, e engadiuse un novo modo de xogo, Race (carreira en inglés), no que hai que percorrer un mapa pasando por unha serie de zonas (checkpoints) en el menor tiempo posible.

Se todos estos cambios non son abondo para vós, sempre podedes ver a lista de cambios completa.

Fonte: LinuxJuegos

Nexuiz 2.5
Xogo de tiros en tres dimensións con impresionantes gráficos.
Sitio web: alientrap.org/nexuiz

Blood Frontier 0.80 beta 1

O Blood Frontier é un xogo de tiros en primeira persoa. Trátase dunha completa reconversión do motor Sauerbraten, alias Cube 2. Destaca pola súa xogabilidade e mailas armas.

As novidades que incorpora esta nova versión, a 0.8.0 beta 1, con respecto da alfa 2 anterior, son considerables. Baseándose nas peticións da comunidade, que “se tomaron moi seriamente, ningunha idea é grande ou pequena de máis”, os desenvolvedores conseguiron unha verdadeira marabilla, “o mellor xogo de tiros en primeira persoa libre e de código aberto presente na Internet”. E se ben admiten que os hai que o superan no apartado gráfico, deféndense afirmando que o contrarrestan grazas a unha insuperable xogabilidade.

Algunhas das novas características que incorpora esta nova versión son:

  • mellora da intelixencia artificial,
  • conversa por IRC dende o propio xogo,
  • mellora e aumento das armas e mailos seus efectos,
  • novos mapas,
  • novos efectos de son,
  • novos contidos gráficos,
  • así coma diversas pequenas melloras e correccións.

O xogo fai aparición con este vídeo de presentación, e acompañado dun texto:

Nun futuro moi distante, a humanidade esparexeuse por todo o Sistema Solar, ata chegar a Marte, e máis alá. Unha inmensa rede de comunicacións une colonia con colonia, humano con máquina e máquina con humano. Isto aparenta ser a clave da sociedade interplanetaria moderna, porén, parece ser a causa dunha misteriosa praga tecnobiolóxica. Calquera persoa conectada cae enferma e acaba morrendo, para volver en forma de famento, caníbales infrahumanos. Ti, unha intelixencia cibernética, un androide, permaneces inmune a este estraño fenómeno, e asignóuseche a tarefa de destruír as crecentes hordas de infectados, e de paso, se hai sorte, localizar e deter a fonte da epidemia.

Só unha cousa máis teño que engadir: oxalá sexa tan bo como o pintan.

Fonte: JeuxLinux

Blood Frontier 0.80 (beta 1)
Xogo de tiros en primeira persoa de ambientación futurista.
Sitio web: www.bloodfrontier.com

BZFlag 2.0.12

Os do BZFlag teñen nova versión, a 2.0.12. Pra aqueles que non o coñezades, trátase dun xogo de tiros de captura da bandeira en liña, que destaca porque os xogadores son tanques, principalmente. Nesta versión houbo unicamente algún cambio destinado a soluciona-los problemas que había á hora de compila-lo xogo nalgunhas distribucións de GNU/Linux.

Máis nada. Hoxe lixeiriño.

Fonte: HappyPenguin

BZFlag 2.0.12
BZFlag é xogo de batallas de tanques en tres dimensións libre pra varios xogadores.
Sitio web: bzflag.org

“Hacker inside”? Non en Linux!

Hai uns días contábavos que había un problema de seguridade co sistema de votacións do Urban Terror. Pois ben, os servidores de Linux (32 bits) xa contan cunha solución.

O único que hai que facer é substituír o executable que se utiliza pra inicia-lo servidor por estoutro (32 bits, insisto).

Fonte: sitio web do xogo

Urban Terror 4.1
Xogo de acción en primeira persoa con certo realismo pero coa filosofía de antepor a diversión a este, baseado no motor ioquake3.
Sitio web: www.urbanterror.net

Teeworlds 0.5.1

Como parece xa é tradición despois do lanzamento dunha versión principal, os desenvolvedores do Teeworlds trouxéronnos unha versión de mantemento, a 0.5.1. Pra quen non o coñeza, trátase dun xogo de acción en plataformas de dúas dimensións centrado nas partidas colectivas en liña. Recentemente entrou na lista dos mellores xogos do 2008 de LinuxJuegos, quedando no 7º posto.

Este novo lanzamento incluíu:

  • algunhas melloras e retoques gráficos,
  • numerosas melloras no servidor e mailo sistema de votacións,
  • función de completado automático pra a consola durante as partidas,
  • e a corrección dunha morea de erros, coma sempre.

Tedes á vosa disposición unha lista cos cambios incluídos, e podedes atopalo xa listo pra a súa descarga nesta páxina.

Fonte: foro do xogo

Teeworlds 0.5.1
Xogo de tiros en liña en plataformas de dúas dimensións.
Sitio web: www.teeworlds.com

Urban Terror: “Hacker inside”

Pois nada, resulta que algún listo atopou como aproveitarse dunha debilidade no sistema de votación, e ata que se solucione isto con algún parche ou a saída dunha nova versión, a solución que ofrece o equipo é a de desactivar o sistema de votacións. Por tanto, se estades a xogar unha partida non vos estrañe que o servidor non vos deixe votar.

Fonte: sitio web do xogo

2 Urban Terror 4.1
Xogo de acción en primeira persoa con certo realismo pero coa filosofía de antepor a diversión a este, baseado no motor ioquake3.
Sitio web: www.urbanterror.net (descargar)

Alien Arena 2008 7.21

Xa foi lanzada a versión 7.21 do Alien Arena, outro xogo de acción en primeira persoa baseado no motor froito da liberación do Quake III, o ioqueka3.

Entre os cambios desta nova versión atopámonos cunha longa lista de melloras, correccións de erros, e como seica ocorre sempre, novos mapas nos que loitar. Ademais:

  • novas sombras GLSL pra a auga,
  • mellora dos efectos meteorolóxicos,
  • sombras pra a vexetación,
  • mellora da interface do servidor durante a partida,
  • e moito máis.

Os máis esixentes podedes irvos a ve-la lista completa dos cambios. Pra eles e pra tódolos demais, tendes na páxina de descargas todo o que necesitades pra poñe-lo xogo a andar na vosa computadora. Bo proveito!

Fonte: LinuxGames

- Alien Arena 7.21
Xogo de acción en primeira persoa de ambientación futurista e baseado no motor ioquake3.
Sitio web: red.planetarena.org (descargar)

Smokin’ Guns 1.0, “novo” xogo libre

Había tempo que se agardaba por este lanzamento, e tras unha longa espera con atrasos incluídos, por fin está aquí a versión 1.0 do Smokin’ Guns.

Pra aqueles que non o coñezan trátase dun xogo de acción en primeira persoa ambientado no Afastado oeste, no que se enfrontan os bos contra os malos e ladróns.

No que respecta aos cambios, o xogo pega un cambio brutal dende a versión anterior. A maior novidade é a que o levou a estar neste blogue. O xogo volveuse independente do Quake orixinal, e pasa a utiliza-lo motor ioquake3. Isto supón a liberación do código fonte do xogo baixo licenza GPL v2, motivo polo que pasa a ser considerado libre (se ben contén algúns medios con licenzas Creative Commons by-nc-sa).

Ademais do gran cambio, melloráronse as texturas e engadíronse novas, modificáronse os mapas vellos e engadíronse novos, e redeseñáronse os menús.

Para a descarga oficial necesitaredes contrasinal, pero os de JeuxLinux fixéronnos un grande favor e teñen un espello propio dende o cal descargalo sen necesidade de contrasinal algunha. Os binarios do xogo só estás dispoñiblse pra instalacións GNU/Linux de 32 bits, así que os de 64 a f****se. Haberá que compilar dende o código fonte (que non fun quen de atopar) ou agardar a que alguén prepare o noso binario.

Fonte: JeuxLinux

- Smokin’ Guns 1.0
Xogo de acción en primeira persoa ambientado no Afastado oeste e baseado no motor ioquake3.
Sitio web: www.smokin-guns.net

AssaultCube 1.0.2 definitiva

Moi boas, e feliz aninovo! Esperemos que este ano nos traia moitas e moi gratas sorpresas no mundo dos videoxogos libres para GNU/Linux. Este mesmo día do ano que ven pretendo publicar unha lista dos 29 mellores confeccionada por todos nós. Así que tedes todo un ano por diante pra ir elixindo os vosos preferidos. Eu polo de pronto vos irei informando, como de costume, das novidades que vaian saíndo.

Hoxe toca falar da versión 1.0.2 definitiva do AssaultCube. O seu changelog certamente non cambia moito con respecto á RC:

  • información máis detallada ao buscar servidor,
  • máis xeitos de organizalos,
  • busca de alcumes (de amigos, por exemplo) en tódolos servidores,
  • nomes de capturas de pantallas e demos máis bonitos,
  • pregúntase se se quere baixar unha versión diferente dun mapa dende o servidor,
  • e por suposto unha morea de bugs corrixidos.

Pero o cambio máis chocante e que persoalmente máis me gustou foi o deseño completamente novo do sitio web. Ide a assault.cubers.net e opinade vós mesmos.

Como xa sabedes, a única forma de coñecer de certo os cambios é descarga-lo xogo e instalalo. Xa me contaredes a experiencia.

Máis nada, que teñades un bo ano!

Fonte: foro do xogo

9 AssaultCube 1.0.2
Xogo de acción e primeira persoa baseado no motor Cube. Está ambientado nun contexto realista, todo dentro das posibilidades que ofrece o motor, mentres que o xogo é rápido e arcade. O xogo está orientado de cara ao xogo en liña por equipos. Caracterízase polos seus reducidos requisitos.
Sitio web: assault.cubers.net
Galipedia: AssaultCube

AssaultCube 1.0.2 RC1

AssaultCube

AssaultCube

Sei que hoxe é o día das inocentadas. Eu xa estou a argallar algunha pra facerlle a meu pai. Se pretendedes facer algunha, só vos digo unha cousa: imaxinación!!! Ben, e agora, ao choio:

Os desenvolvedores do AssaultCube acaban de publicar a versión 1.0.2 RC1, primeira release candidate da versión 1.0.2 que substituirá á versión 1.0.1. Os rapaces traballan rápido e ben. Nin que estivesen de folga chinesa, vamos. A versión non deixa de ser unha versión de proba, así que probala debería de ter como finalidade comunicar posibles bugs. Xa sabedes.

Algúns dos cambios desta versión son ata o de agora:

  • melloras no buscador de servidores:
    • información máis completa dos servidores no buscador,
    • máis formas de organiza-la lista,
    • busca de alcumes en tódolos servers (é dicir, de amigos).
  • mellora dos nomes de saída de capturas de pantalla e demos.
  • pregúntase se se quere baixar unha versión diferente do mapa dende o servidor,
  • arranxo do retroceso das armas,
  • os novos xogadores nun servidor conectaranse ao equipo máis pequeno ou feble,
  • os mapas oficiais trasladáronse ao directorio packages/maps/official.

Así que xa sabedes. A descargalo e contar a experiencia.

Fonte: Foro do AssaultCube, sitio web: assault.cubers.net