PokerTH 0.6.4

O PokerTH, un xogo de póquer descuberto centrado no xogo en liña con outros xogadores de todo o mundo, sacou a súa versión 0.6.4. O xogo ten moi boa pinta. Haberá que poñelo na lista de software a traducir ao galego -a non ser que un de vós se anime-.

Os cambios desta nova versión con respecto á anterior foron, entre outros:

  • mellora do rendemento do servidor,
  • sistema de avatar externo opcional,
  • gardado do criterio polo que se ordean as columnas na lista de partidas da pantalla principal,
  • mellora do realzado das cartas no “bote dividido”,
  • arranxouse o erro polo que ao premer en “join game” na pantalla principal, ocorría un erro no xogo.

Fonte: The Linux Game Tome

PokerTH 0.6.4
Xogo de póquer descuberto orientado cara o xogo en liña con xogadores de todo o mundo.
Sitio web: www.pokerth.net

Domination 1.0.9.8, clon do Risk

O Domination é un clon do Risk feito con Java. Acaba de saca-la súa seguinte versión, a 1.0.9.8.

Nesta nova versión xa non veremo-la licenza durante a instalación, posto que non vai na versión 1.4 de Java. Tamén houbo unha mellora na intelixencia artificial pra o nivel difícil. Pra ver máis cambios, tedes un changelog, aínda que non houbo moitos máis.

No que á lingua respecta, actualizáronse as traducións italiana e alemá. A galega non sei moi ben como anda, pero habela haina.

Podedes obte-lo xogo da páxina de descargas, e xa contaredes que tal vos vai.

:-( Mañá retomo as clases. Así que quedades avisados de que é posible que non sexa capaz de manter este nivel de un artigo por día. Intentareino de todos modos. Un saúdo a todos! E sorte co reenganche!

Fonte: HappyPenguin

- Domination 1.0.9.8
Versión en Java do clásico xogo de taboleiro Risk, cun formato sinxelo de mapas, xogo en liña, partida individual, 5 interfaces gráficas distintas, etc.
Sitio web: domination.sourceforge.net

Quackle 0.96, un scrabble pra mata-lo aburrimento

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Quackle

Quackle

O Quackle é un gran xogo de scrabble e unha ferramenta de análise.

Entre os cambios desta nova versión atopamos:

  • ao remata-la partida xérase unha lista dos mellores movementos, e non só do mellor,
  • comandos de adiante/atrás pra navegar facilmente polas partidas rematadas,
  • as palabras en inglés poden marcarse co # e aparecer en vermello no taboleiro,
  • pódese xogar en grego,
  • e actualizouse o dicionario de francés actualizado.

Fonte: HappyPenguin
Sitio web: www.quackle.org

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.