Por fin, a nova versión estable do OpenTTD xa está dispoñible ao público. Os cambios máis relevandes desta versión 0.7.0 son, entre outros:
- traballouse nun sistema de ordes renovado,
- posibilidade de posuír moitos máis mecanismos,
- sinais baseadas nos camiños,
- un framework da intelixencia artificial que permite a quen o desexe facerse a súa propia IA,
- descarga directa de intelixencias artificiais e fgráficos desde un servidor principal (cando o autor así o desexe),
- bordos terrestres nos mapas,
- inicio do soporte para linguas escritas de dereita a esquerda, coma o árabe e mailo hebreo,
- incremento ou decremento dun bo número de límites: tamaño das fiestras, número de fiestras, clientes en liña (agora 255), compañías (agora 15);
- seis novas traducións: ao árabe, hebreo, lingua indonesia, letón, luxemburgués e galés.
Fonte: sitio web do xogo
| OpenTTD 0.7.0 | ![]() |
||
| Clon do Transport Tycoon Deluxe, trátase dun xogo de simulación económica no que administrarás unha compañía de transportes. | |||
| Sitio web: www.openttd.org | |||





















