Actualización do servidor do Eternal Lands

O que oíchedes. O servidor do Eternal Lands foi actualizado.

Houbo diversos cambios, coma o cambio das zonas de aparición dos osos polares (agora hai unha zona cunha maior concentración deles), engadido de dúas novas pocións xunto cos seus correspondentes libros, ou engadido dun libro pra un novo metal (malia que obtelo non sexa aínda posible).

Os cambios non se quedaron niso. Pra ve-la lista completa de cambios, simplemente ide á anotación oficial:

Fonte: foro do xogo

Eternal Lands 1.8.0
Xogo de rol en liña de ambientación medieval.
Sitio web: www.eternal-lands.com

FreedroidRPG RC 0.12

O xogo de rol FreedroidRPG aproxímase ao lanzamento da súa vindeira versión 0.12 cunha release candidade. Tras tres meses de traballo, os desenvolvedores pídennos que probemo-lo xogo pra que así poidan pulir a que será a versión final.

Na lista de cambios atopamos, entre outros cambios:

  • novas pistas de música,
  • correccións relativas á intelixencia artificial dos robots,
  • inclusión dun titorial,
  • nivel de inicio completamente novo con maior coherencia coa trama do xogo,
  • e numerosas correccións.

Fonte: JeuxLinux

FreedroidRPG 0.11.1
Xogo de rol (fóra de liña) que ten como protagonista a Tux, e de ambientación futurista.
Sitio web: freedroid.sourceforge.net

Eternal Lands 1.8.0

O Eternal Lands, un xogo de rol en liña en tres dimensións, xa vai pola súa versión 1.8.0. O xogo aínda está en fase de probas, pero o seu nivel de xogabilidade é considerable.

Os cambios incluídos nesta nova versión foron:

  • cabalos, e posibilidade de correr,
  • algúns obxectos novos,
  • algunhas melloras no apartado artístico en dúas e tres dimensións e nas animacións (meirandes texturas, corrección dalgúns obxectos,etc.),
  • e por suposto correccións de erros.

Fonte: HappyPenguin

- Eternal Lands 1.8.0
Xogo de rol en liña en tres dimensións.
Sitio web: www.eternal-lands.com

PlaneShift 0.4.03, o camiño segue

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Planeshift, imaxe das Portas de Bronce da Águia, onde non son qeun de chegar.

Planeshift, imaxe das Portas de Bronce da Águia, onde non son quen de chegar.

Parece ser que o PlaneShift, o prometedor MMORPG tan popular entre a comunidade do software libre e que utiliza o motor Crystal Space, xa ten unha nova versión, a 0.4.03.

Esta nova versión inclúe un bo número de novas funcionalidades, correccións e algunha mellora gráfica. Entre outras cousas:

Funcionalidades

  • Soporte pra minixogos individuais.
  • Ao falar con NPCs, as personaxes controladas por computadoras, activarase unha cámara específica para os NPCs.
  • Agora algúns obxectos requiriran certas habilidades (ou certo rango das mesmas) para ser collidos pola túa personaxe.
  • Agora poderás elixir ser avisado cando se conecte alguén do teu gremio (guild).

Gráficos

  • Novos engadidos ao mapa de Winch (se non me equivoco, onde está a tenda de maxia).
  • Unha nova armadura de coiro para as femias Nolthrir.
  • Unha versión máis lixeira do mapa de Akkaio, de camiño a Ojaveda.
  • Arranxo dalgúns feitizos en pro da compatibilidade con tódolos sistemas operativos.

Outros

  • Agora o PlaneShift utiliza a última versión do motor Crystal Space, a 1.4.
  • Novos comandos.
  • Novas habilidades para os GM, nas que non me vou meter pois dubido moito que algún galegofalante sexa Game Master do PlaneShift aínda.
  • Maior facilidade pra adapta-las fiestras ao noso gusto, personalizalas.
  • Xa non se pode elixi-lo sexo ao elixi-la raza dos Kran (pobriños, recórdanme aos ents de Tolkien).

Bugs solucionados

  • Moitos, moitos, moitos… Para os atrevidos, o changelog completo está a disposición pública.

Respecto á lingua, está en inglés, aínda non é traducible, e aínda ha tardar en selo. De todos xeitos, e se ven parece que nun futuro traducirase todo o que respecta á interface gráfica e os diálogos cos NPCs, o inglés será a “lingua común” á hora de comunicarse co resto dos usuarios, así que se non se vos dá moi ben, xa estades comezando a practicar.

Polo de agora a nova versión pode descargarse por torrent. E resulta que mestres eu escribía estas liñas acaban de actualizar a páxina de descarga e xa hai mirrors de descarga directa da última versión. O certo é que eu fixera trampa e, antes de que actualizasen a páxina, descubrín un mirror que xa cargara a nova versión, e empeceina baixar hai xa un pouco :-) . 41 minutos… A ver con que cara chego eu mañá a clase…

O dito: ide baixando o torrent que así axudades a que outros o baixen tamén. En canto o probedes, xa estades tardando en dá-la vosa opinión. Deica!

Fonte: JeuxLinux
Sitio web: www.planeshift.it