Xa temos á nosa disposición unha nova versión do Spring, a 0.78.1.1. Definir Spring non é doado, xa que se ben se trata dun motor pra xogos de estratexia en tempo real, conta cunha aplicación dende a cal se descargan os mapas, os mods, se chatea, se controla e accede aos servidores de partidas en liña, etc. En fin, eu o vou considerar coma un motor, que dos xogos (ou mods) del vou falar aparte (estase a preparar un de Star Wars
).
Bueno, tamén dicirvos (principalmente pra os que xa o coñecesedes) que a numeración das versións cambiou, e pasará a ser algo máis normal (a anterior chamábase 0.77b5).
Agora ao choio. Os cambios nesta nova versión confórmanse basicamente de correccións de erros e melloras no rendemento/velocidade. Aínda así tendes aquí a lista completa dos cambios.
Os que xa o tivesedes debedes ter en conta que a vosa configuración persoal desaparecerá!
Cousas da vida. Borrar e conta nova, que din algúns. Pero espero que iso non vos impida baixalo. Por suposto, os de Ubuntu temo-la vida máis fácil.
Fonte: JeuxLinux
Sitio web: spring.clan-sy.com