O Paintown é un xogo arcade de pelexas ao máis puro estilo Street Fighter que xa acadou a súa versión 3.2.
Entre os cambios deste novo lanzamento atopamos:
- aumento das opcións do menú,
- engadiuse a personaxe Wolverine,
- o xogo fai capturas de pantalla durante a partida,
- mellora do modo en liña,
- puntuación pra os xogadores.
Os que queirades descargádeo (a 3.1) e xa contarede-la vosa experiencia. Os que utilicedes paquetes .deb (Debian, Ubuntu…) tedes un paquete da versión 3.0 aquí, moito máis cómodo de instalar.
Fonte: LinuxGames
| - | Paintown 3.2 | ![]() |
||
| Xogo arcade de pelexas con modo colectivo e individual, e á súa vez con modos aventura e combate. | ||||
| Sitio web: paintown.sourceforge.net | ||||













