DJL 1.2.10, pequenas melloras

DJL 1.2.10O DJL, o xestor de xogos pra Linux independente da distribución, dispoñible polo de agora só pra sistemas de 32 bits, xa vai pola súa versión 1.2.10. Recórdovos que, ademais de utilizalo pra instalar automaticamente as versións máis recentes dos xogos dende os seus repositorios propios, conta coa posibilidade de engadirlle accesos aos xa instalados no sistema, ou instalados de xeito alleo ao programa, así coma cunha conversa por IRC pra os usuarios (con sala xeral e salas por lingua), e un feed de noticias sobre os xogos pra o noso sistema.

Este novo lanzamento incorpora só pequenas melloras, o que tendo en conta a regularidade coa que saen as novas versións non debería considerarse un atraso no seu desenvolvemento:

  • novo xestor de engadidos (plugins) nunha lingüeta,
  • descarga automática do repositorio ao inicia-lo programa,
  • actualización da tradución ao italiano.

Antes de marchar, creo que debería deixarvos isto: a lista de xogos dispoñibles. Collede algo pra limparvo-la baba ;-)

Fonte: a propia aplicación

DJL 1.2.10
Aplicación pra a xestión de xogos con repositorios independentes da distro de GNU/Linux, conversa por IRC, feeds con novas sobre xogos para Linux, etc.
Sitio web: www.djl-linux.org

DJL 1.2.9, en galego!!!

Pois o que oídes. O DJL conta cunha nova versión, a 1.2.9, e a característica máis salientable de cara aos lectores deste blogue será probablemente a estrea da tradución ao galego. O tradutor fun eu, como parte do Proxecto Trasno.

Ademais da tradución ao galego, houbo cambios tales coma:

  • feed RSS rescrito, máis doado de manter e coa posibilidade de recargar os feeds dende o menú contextual,
  • engadido dun novo feed en castelán (LinuxJuegos.),
  • novo xestor de descargas para o repositorio, nunha lingüeta baixo a do repositorio,
  • nova fiestra de notificación do inicio de xogos.

Espero que as novidades sexan do voso agrado. Un saúdo!

Fonte: o propio xogo (actualízase actomaticamente, unha gozada)

DJL 1.2.9
Aplicación pra a xestión de xogos con repositorios independentes da distro de GNU/Linux, conversa por IRC, feeds con novas sobre xogos para Linux, etc.
Sitio web: www.djl-linux.org

DJL 1.2.8, seguimos!

Os desenvolvedores do DJL xa sacaron outras dúas versións. A versión por semana, normla que non me poda permitir tervos máis ao día dos seus progresos. Neste caso, as versións son a 1.2.7 e maila 1.2.8.

Os cambios na primeira, a 1.2.7, consistiron en:

  • arranxa-la canle IRC,
  • capacidade pra seleccionar texto da mesma,
  • un sistema de dependencias mínimas,
  • soporte pra os instaladores InstallJammer,
  • soporte para complementos (plugins),
  • corrección de erros.

No que respecta aos cambios que trouxo a 1.2.8:

  • engadiuse unha nova ferramenta para comproba-las dependencias,
  • mellorouse o aproveitamento de memoria dos complementos,
  • mellorouse a integración dos complementos e engadíronse algúns novos,
  • engadiuse unha barra de busca ao xestor de bibliotecas (libraries),
  • arranxouse o problema que provocaba problemas na interface ao ir aos repositorios.

Podedes descargalo, ou se xa o tendes instalado, podedes actualizalo dende o propio xogo. A min a actualización báixame a nova versión nun cartafol djl no directorio persoal. Xa o consultarei cos desenvolvedores.

A ver se me poño canto antes a traducilo. Unha vez estea en galego, teredes ademais unha canle de RSS deste blogue coa que estaredes informados de cando publico -aínda que posto que procuro facelo a diario, tampouco é unha sorpresa-.

Fonte: o propio programa, e isto.
Sitio web: www.djl-linux.org

DJL 1.2.6, avanzance imparable

DJL 1.2.6

DJL 1.2.6

Parece que os desenvolvedores do DJL, un xestor de xogos do que xa falaramos hai non moito, xa sacaron non unha, senón dúas versións, a 1.2.5 e a 1.2.6. En canto me despisto, saen novas de todas partes.

Con respecto da 1.2.4, os cambios foron os seguintes:

  • motor de busca na lista principal de xogos,
  • redución do tempo de inicialización,
  • mellora do soporte pra os accesos directos de escritorio,
  • información máis detallada na fiestra de descarga,
  • soporte pra múltiples canais IRC,
  • posibilidade de cambiar o tamaño da letra (de 8 a 12),
  • resolución dunha morea de erros,
  • posibilidade de instalar múltiples xogos á vez,
  • reparación dun erro na función de descarga.

En fin, que os desenvolvedores debéronse de meter sobredose de anfetas ou algo. Eu encantado de ver que o proxecto tira pra diante. Os que xa instalárade-lo DJL, quizais notariades que ao abrilo vos pide que actualicedes e volo fai todo. Así dá gusto. O resto ide á páxina de descargas.

Sitio web: www.djl-linux.org

Djl 1.2.4 – Software pra instalación e actualización de xogos

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Yo Frankie! demo on Djl

Yo Frankie! demo on Djl

Djl (siglas pra o francés Dépôt jeux linux) é un software de código aberto pra facilita-la instalación e actualización de xogos pra GNU/Linux, inspirado polo visto no Steam de Valve. Unha das súas características máis salientables é que a aplicación non é específica de ningunha distribución, polo que debería funcionar tanto en Ubuntu e Debian como en OpenSuse, Fedora, e demáis.

Dende este programa podemos acceder a unha lista de xogos pra Linux bastante completa (nestes momentos conta con 95 xogos) e instalalos cun clic, e desinstalalos do mesmo xeito. Os xogos descárganse directamente das páxinas oficiais, o que implica que estean polo xeral bastante actualizados. Mesmo acompáñase unha descrición dos xogos, unha icona, e unha imaxe pra falcilita-la elección. Ademáis, Djl pode xestionar distintos tipos de paquetes de forma transparente pra o usuario. Aínda que unha pega sería que non comproba as dependencias de ningunha forma.

Entre outras das funcionalidades que incorpora están o lector de noticias sobre videoxogos para GNU/Linux cos principais sitios que tratan o tema (XL2 aínda non :-) ), unha interface gráfica con varias linguas, entre as que aínda non está o galego (xa o poño na miña lista de tarefas), actualizacións automáticas, unha sala de conversa para coñecer a outros usuarios e organizar partidas, etc. Tamén é posible engadir ao listado de xogos outros que teñamos instalados no noso sistema, coma por exemplo os que incorpora a nosa distro, os instalados co Wine (…), xogos privativos, ou descargados dende outros sitios web.

Todas estas características converten a Djl nunha boa opción para ter centralizada a nosa colección de xogos para GNU/Linux -e libres, a poder ser-. Polo de agora, eu xa instalei, e xa probei a demo do sonado Yo Frankie!, que deixando de lado a súa xogabilidade, teño que dicir que vai!

Fonte: LinuxJuegos
Sitio web oficial: www.djl-linux.org

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.