Vacuum Magic 0.10

O Vacuum Magic, un xogo de tiros en dúas dimensións que me resulta estrañamente familiar (das vellas recreativas?), xa acadou a que é a súa versión 0.10.

Os cambios que se inclúen neste novo lanzamento son:

  • un novo malo malísimo, o bombas (“the bomber”), moi difícil de bater;
  • novos inimigos: a saraiba, a araña e a bomba;
  • agora é posible mante-la tecla premida un tempo pra aumenta o tempo de carga e lanzar tiros máis precisos,
  • novo elemento de bonificación: hora de atinar (bullet time), que realentiza aos inimigos durante un tempo,
  • un novo fondo,
  • inclusión de numerosos efectos visuais novos,
  • e algunhas correccións de erros.

Fonte: HappyPenguin

Vacuum Magic 0.10
Xogo de acción en dúas dimensións en que recolleremos froita e mataremos monstros. Como na vida real, vamos.
Sitio web: apocalypse.rulez.org/vacuum

Vacuum Magic 0.9

O Vacuum Magic, un xogo de acción en dúas dimensións, xa ten unha nova versión, a 0.9, que substituirá á 0.8.

Entre os cambios desta nova versión atopamos:

  • nova área de adestramento (nivel 5) que consiste basicamente nun campo de tiro pra introducir aos novos xogadores ao aspecto do xogo relativo á puntería contra os obxectivos,
  • hai un novo minixogo tributo ao Pang Zero,
  • tres novos fondos (algúns gráficos son cortesía do proxecto Pingus),
  • novas traducións ao portugués, castelán e finlandés,
  • diversas melloras, limpezas no código e correccións de bugs.

Fonte: HappyPenguin

Vacuum Magic 0.9
Xogo de acción en dúas dimensións en que recolleremos froita e mataremos monstros. Como na vida real, vamos.
Sitio web: apocalypse.rulez.org/vacuum

Neverball 1.5.0

Tras algún tempo sen noticias, o Neverball conta cun novo lanzamento, a súa versión 1.5.0, e como acabo de comprobar que este é o primeiro artigo que escribo sobre el, comezarei cunha curta descrición do xogo.

O obxectivo consiste en balancear (ben co rato, ben co teclado) o chan para mover unha bóla a través dunha serie de obstáculos antes de que se esgote o tempo. O xogo mestura o xénero dos crebacabezas coa acción, e pon a proba as nosas habilidades. Ademais está o Neverputt, xogo de golf en miniatura para varios xogadores que ven incluído no xogo, e utiliza os mesmos gráficos e maila mesma física.

Bueno, velaquí vai un resumo dos numerosos cambios dende a versión 1.4:

  • novas texturas,
  • correccións e pequenos cambios nos mapas existentes,
  • internacionalización (agora pódese traducir o xogo),
  • traducido ao catalán, finlandés, francés, alemán, letón, noruegués e castelán,
  • novos niveis como premio por superar niveis en modo “reto”,
  • novos niveis tanto no Neverball coma no Neverputt,
  • un novo sistema de axuda,
  • engadido de iconas en formato SVG (vectoriais),
  • as capturas de pantalla faranse en formato PNG, en vez de BMP,
  • corrixiuse a aparencia da textura da bóla,
  • a bóla rebota dun xeito máis realista contra os obxectos en movemento,
  • nova pantalla de pausa,
  • efecto de cristal aos cristais (lóxico),
  • e MOITAS máis!!!

Xa podedes ir á páxina de descargas e baixar o código fonte para compilalo.

Fonte: HappyPenguin

Neverball 1.5.0
Xogo cuxo obxectivo consiste en balancear (ben co rato, ben co teclado) o chan para mover unha bóla a través dunha serie de obstáculos antes de que se esgote o tempo. Inclúe o Neverputt, xogo de golf en miniatura para varios xogadores que utiliza os mesmos gráficos e maila mesma física.
Sitio web: neverball.org

Vacuum Magic 0.8

Hai dispoñible unha nova versión do Vacuum Magic, un xogo de acción en dúas dimensións moi divertido, que me resulta extremadamente familiar.

Esta versión, a 0.8, incluíu:

  • unha nova “Zona de adestramento” que ven sendo unha mestura do propio xogo e o coñecido Pang Zero,
  • catro traducións máis, ao eslovaco, polaco, esperanto e francés,
  • e varias correccións de erros.

Creo que cabe salientar o feito de que o xogo ten modo colectivo, no que ata seis xogadores poden xogar, ben no mesmo equipo ou ben uns contra os outros. Isto hai que probalo. Quen me dera ter máis de 2 amigos linuxeiros.

Por se alguén está interesado na súa tradución, facelo é tan sinxelo como ir aquí e seguir uns simples pasos.

Máis nada. Agora toca descargalo e opinar.

Fonte: HappyPenguin

- Vaacum Magic 0.8
Xogo de acción en dúas dimensións en que recolleremos froita e mataremos monstros. Como na vida real, vamos.
Sitio web: apocalypse.rulez.org/vacuum (descarga)
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.