Atomic Tanks 3.5

O Atomic Tanks sacou hai nada a súa versión 3.5. Esta versión, ademais de correxir erros da anterior, engadiu ao xogo unha morea de melloras.

Entre outros cambios:

  • volveuse escribir o sistema de gardado e carga das preferencias do xogo e das partidas, polo que non se poderán exportar as partiadas anteriores;
  • o fume agora semella máis realista,
  • correción de erros no sistema de puntería dinámica da intelixencia artificial,
  • outras melloras e correción de erros que deberedes descubrir por vós mesmos.

Fonte: The Linux Game Tome

Atomic Tanks 3.5
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións.
Sitio web: atanks.sourceforge.net

Simsu 1.2.0

Tradúzovos completamente a anotación no blogue do desenvolvedor do Simsu en que explica o que fixo nesta nova versión, a 1.2.0.

Hoxe (o 28 de marzo) liberei a versión 1.2.0 do Simsu. Todo comezou moi inocentemente. Só un par de retoques á interface, que acabaron convertíndose nun novo deeseño que permitise que o xogo se vise ben maximizado en pantallas panorámicas. Antes de que me decatase, xa substituíra o xerador de solucións porque era lento de máis. E entón engadín un resolvedor de crebacabezas máis sinxelo baseado no xerador orixinal. A partires de aí decidín que estaría ben dar soporte a todos os diferentes tipos de simetría. Detívenme antes de que puidese facer nada máis. Quen sabe o que lle reserva o futuro ao meu xogo “básico” de sudoku? :-P

Máis nada, que vos aproveite. Na páxina de descargas hai unha versión para Linux que é un binario xa compilado (é dicir, arrinca o xogo premendo nel, unha ou dúas veces segundo como teñades configurado o voso sistema).

Fonte: blogue do desenvolvedor

Simsu 1.2.0
Xogo de sudoku cun bo deseño e moi completo.
Sitio web: gottcode.org/simsu

Bastet 0.43

Hoxe vouvos presentar un xogo bastante curioso. En realidade é unha versión do popular Tetris. Pero este está especialmente deseñado para iso que moitos pensan que o orixinal trae de serie: buscar a peza que menos convén no momento en que menos convén.

Así se describe o Bastet -nome que ben da mestura de Bastard (que eu, máis que como bastardo, traduciría como c*br*n) e Tetris-, xogo que acadou hai relativamente pouco a súa versión 0.43, a terceira versión pública.

Os cambios nesta nova versión foron:

  • rescrita da maior parte do código,
  • división do algoritmo en dous: un fácil (con previsión de bloques) e outro máis difícil (sen ela),
  • o algoritmo non se ha deixar engañar con tanta facilidade coma na versión anterior,
  • soporte para ficheiros das puntuacións máis altas personalizados.

Disque o principal programador está algo ocupado, pero a ver se pode levar adiante este interesante proxecto. Imaxinades esta marabilla con función para xogar cun amigo, os dous na mesma computadora? Soñar é de balde.

Fonte: The Linux Game Tome

Bastet 0.43
Versi´on do Tetris caracterizada por intentar facerche a vida o máis difícil posible.
Sitio web: fph.altervista.org/prog/bastet.html

Toy Cars 0.3.9

Toy Cars, un xogo de carreiras en dúas dimensións, sacou unha nova versión, a 0.3.9.

A nova versión inclúe:

  • novos circuítos, moito máis grandes que antes,
  • sinais na estrada (coma, por exemplo, advertencias de xiro),
  • melloras no editor de circuítos,
  • creación dun editor de vehículos,
  • e algunhas correccións de erros.

Máis nada. Creo que o xogo ten futuro. Quizáis a primeira vista non chame moito a atención, pero imaxino que o mesmo pasou co Battle for Wesnoth no seu momento.

Fonte: The Linux Game Tome

Toy Cars 0.3.9
Xogo de carreiras en dúas dimensións.
Sitio web: toycars.sourceforge.net

Anunciados os gañadores da competición de niveis do Yo Frankie!

Xa vos falara hai un tempo dun concurso de creación de niveis prao Yo Frankie!, un xogo que de seguro xa coñecedes. Pois resulta que xa hai gañadores. Á dereita tedes unha imaxe múltiple do nivel gañador (o que quedou no primeiro posto de 3). Tradúzovos as descricións dos mesmos que aparecen na anotación do blogue do xogo paréceme complicado de máis desta vez, así que se non vos vale coas imaxes, ides ter que ler inglés. :-)

O que si vos deixo é o nome dos niveis, así coma unha ligazón de descarga:

  1. Nut level (11 MB)
  2. Lighthouse Level (9 MB)
  3. Underworld Level (0,1 MB)

Intalar os niveis

Pra instalar un nivel, descomprime o contido do arquivo, entra no directorio descomprimido, copia o seu contido (levels, textures, etc.) no cartafol do YoFrankie BGE orixinal.

Podes inicia-lo YoFrankie dende o menú e estes niveis estarán dispoñibles dende o pequeno mundo de selección de niveis.

Estes niveis incluiranse no vindeiro lanzamento de YoFrankie, que se actualizará para Blender 2.49.

Fonte: blogue do xogo

Yo Frankie! 1.0
Xogo no que controlaremos a unha das personaxes da curtametraxe libre de animación Big Buck Bunny e a levaremos a través de distintos niveis, superando crebacabezas e procurando sobrevivir a animais salvaxes, auga e lava.
Sitio web: www.yofrankie.org

Unknown Horizons 2009.0

O Unknown Horizons, un xogo de estratexia en tempo real e en dúas dimensións centrado nos aspectos económico e de construción, que poida que algún xa coñecese polo nome de Open Anno (na miña opinión nome algo desafortunado), ven de saca-la súa versión inestable 2009.0.

Os cambios con respecto da versión anterios son os que siguen:

  • mellora gráfica das texturas,
  • agora hai unha praza principal de onde a xente pode obte-los seus recursos,
  • engadíronse unha morea de árbores novas,
  • engadiuse un mercader independente que venderá e mercará os teus recursos,
  • agora os edificios poderán verse antes de ordea-la súa construcción nunha localización,
  • renováronse os gráficos dos edificios,
  • engadíronse sons pra uns poucos eventos de importancia, e unha nova canción.

Pra ver unha lista completa (que non completísima) dos cambios, ide eiquí.

Os desenvolvedores detrás deste xogo decidiron dende agora sacar unha nova versión cada mes, e unha versión estable cada tantos meses, en función de en que condicións se atope o xogo. Pretenden así atraer a máis usuarios e desenvolvedores ao proxecto. Conseguirano? O tempo o dirá. Polo de pronto xa me dan algo con que enche-lo blogue 12 días ao ano. Empezo a pensar que… a este paso vou acabar publicando máis dunha vez por día :-) .

Fonte: The Linux Game Tome

Unknown Horizons 2008.1
Xogo de estratexia en tempo real e en dúas dimensións ambientado no século XVII e centrado principalmente na economía e a construción.
Sitio web: unknown-horizons.org

Rigs of Rods 0.36.1, correccións

Dixen na última anotación respecto deste xogo que non había volver escribir acerca del mentres que non houbese a disposición pública un código fonte, compilable en GNU/Linux. Pois ben, alégrome de que non se fixesen de rogar.

Os desenvolvedores do Rigs of Rods, un xogo de simulación automovilística que adquiriu moita sona recentemente debido á decisión dos seus dous desenvolvedores de libera-lo código, veñen de lanzar unha versión nova, a 0.36.1, na que se adicaron fundamentalmente á corrección de erros.

Por certo, algunha vez vos preguntáchedes por que a maioría dos xogos libres, no número da versión, sempre van cun 0. diante? Eu si. Supoño que é porque teñen grandes espectativas para a primeira versión (a 1), pero manda c*r*llo, ás veces deprímeme ver bos xogos que comezan por cero. Se esperan que a un teña o nivel de xogos comerciais, imos aviados.

Respecto aos cambios concretos, pra dici-la verdade non foron moitos. Que se o xogo se colgaba cando activava-la herba, que se había problemas visuais en terreo e coches. En fin, pequenas solucións pra grandes problemas. Agradécese.

Anímovos iso si a compila-lo xogo. Eu non fun quen de facelo. A compilación comezou a dar erros en torno ao 57%, e esc*r*llouse. Supoño que pode ter que ver co feito de usar 64 bits, pero as instrucións do xogo dan instruccións específicas en función do número de núcleos do procesador… En fin, moita sorte aos que o intentedes.

Fonte: blogue do xogo

Rigs of Rods 0.36.1
Xogo de simulación de automóbiles que salienta polas posibilidades de deformación dos vehículos.
Sitio web: rigsofrods.blogspot.com

Performous 0.3.0

O Performous, un xogo de cantar destes que parece que se están poñendo tan de moda no mundo comercial, acadou recentemente a súa versión número 0.3.0.

Algúns dos cambios máis salientables con respecto da versión anterior son os que siguen:

  • partida de varios xogadores cos micrófonos do Singstar ou calquera outro dispositivo de entrada en estéreo,
  • salientable mellora do rendemento, polo que agora debería ir moi ben en máquinas con poucos recursos,
  • baseado completamente en OpenGL,
  • imaxes moito máis “chulas” na pantalla de canto,
  • aumento automático das liñas das notas na pantalla de canto,
  • soporte real pra pantalla panorámina (ata o de agora era moi rudimentario),
  • o cartafol das cancións escanéase de forma recursiva, en segundo plano, sen bloquea-la interface,
  • pode controlarse o volume do xogo e mailo das preescoitas,
  • nova fiestra de puntuacións (aínda sen récords),
  • biblioteca de audio propia con soporte pra ALSA, Pulseaudio, Jack e demais,
  • substitución de Xine e GStreamer por FFMPEG,
  • compilación por CMake.

Fonte: The Linux Game Tome

Performous 0.3.0
Xogo de karaoke.
Sitio web: performous.org

Billiards 0.2.1

O Billiards, un software de simulación de xogos de billar, xa liberou a súa versión 0.2.1.

Esta versión non contou con grandes cambios. Fixéronse algunhas pequenas correccións de cara a face-la aplicación compatible con ODE, e resolvéronse algúns problemas respecto da situación inicial das bólas no taboleiro.

Aínda así, como deduciredes pola fermosa imaxe con que vos ilustro esta anotación, o xogo é prometedor. E tendo en conta que o proxecto BillardGL leva tempo descoidado, probablemente se trate do mellor software deste tipo libre dispoñible e con futuro.

Fonte: HappyPenguin

Billiards 0.2.1
Software de simulación de xogos de billar.
Sitio web: www.nongnu.org/billiards

Simsu 1.1.0

Simsu, un sudoku obra do creador de Tetzle, sacou hai pouco a súa seguinte versión, a 1.1.0.

Os cambios nesta versión consisten en:

  • engadido de soporte pr’as accións desfacer e refacer,
  • engadido de soporte pra salienta-lo número actual,
  • engadido dos botóns de entrada dos números.

Máis nada. Aos poucos vaille quedando un sudoku moi bo, digno de integrarse no proxecto KDE.

Fonte:: HappyPenguin

Simsu 1.1.0
Xogo de sudoku escrito en qt.
Sitio web: gottcode.org/simsu
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.