Vouvos traducir unha entrada no blogue do Hedgewars que me pareceu moi interesante, non tanto polo que di do xogo como polo que di da comunidade de desenvolvedores de software libre. Eu veríao, máis que como unha crítica, como unha ensinanza. Aprendede o que é unha boa actitude de cara ao público -que, todo hai que dicilo, non sempre se comporta moi ben cos desenvolvedores-.
Ola rapaces:
En primeiro lugar quero tomarme uns segundos para aborder un tema que me irrita. Estou a seguir unha morea de proxectos para observar como evolucionan, e vexo constantemente anotacións en blogues, en P+F, en foros e en moitos outros sitios, referidos á xente que pregunta cando vai saír a versión X.
Estas anotacións soen seguir a liña do “Non preguntes cando vai saír” ou “Sairá cando estea acabada” ou “Preguntar a data dun lanzamento será motivo de expulsión”.
Ben, que bonita forma de dirixirte a aqueles que están ansiosos por utilizar o teu producto. Vexo unha colección enteira de xustivicacións percividas para elo, que adoitan consistir en algo coma:
É groseiro preguntar cando se vai rematar algo
Escoitalo todo o tempo é irritante
Se che damos unha data de lanzamento e non cumprimos ídesvos cabrear!
Non sabemos cando vai estar rematado
Se tes a dureza emocional dun rapaz de 12 anos, estas poderían ser xustificacións válidas. Francamente, se digo que vou lanzar algo un día determinado e non é tal, non me importaría nada se un pequeno grupo de idiotas dan a vara; os usuarios intelixentes serán os que se beneficien e os que ademais serán máis comprensivos se non consigues cumprir coa data de lanzamento
Así que, en resumo, medrade, deixade de ser tan condenadamente pretenciosos, e salvo que haxa cartos de por medio (en tal caso sería comprensible) limitádevos a contarlle á xente cando esperades que as cousas estean rematadas
E ata aquí a clase de moral e humildade que nos brindou Tiyuri, que se non me equivoco é o líder do proxecto Hedgewars. Eu sempre aceptara que o de preguntar como ía a cousa era “ser pesado”, pero tras este novo enfoque, quedei algo confuso. O que me parece innegable é que a posición que defende Tiyuri é a que máis me gustaría -e creo que falo por case todos os usuarios- que adoptasen os proxectos que sigo de cerca, que gracias a este blogue, son moitos
Tras este discurso maxistral, Tiyuri pasou a falar, como non, do estado actual do Hedgewars e as súas espectativas de futuro e o avance cara a futura versión 0.9.10.
Nestes momentos a parte técnica está case rematada. Hai un par de erros coas animacións da corda que hai que arranxar. A última gran tarefa é o menú de esquemas, o menú en si está técnicamente acabado, pero hai que reformalo. Tamén quero cambiar o estilo da páxina de xogo en rede para facela máis obvio que hai un servidor oficial ao que conectarse (desde ese punto de vista toda a lista de servidores é confusa).
Unha vez rematemos estas dúas pequenas tarefas, queremos probar un pouco o xogo. Uncorr quere telo en probas polo menos durante unha semana, eu menos, ao mellor uns poucos días. Espero ter rematado o relativo ao estilo esta fin de semana (refírese á fin de semana pasada) así coma as correccións. Deste xeito teremos nas nosas mans unha candidata a versión final. Unha vez a teñamos, probarémola polo menos ata mediados da semana, así que ao mellor o mércores (pasado). Se atopamos erros, teremos que corrixilos e volver probar o xogo… dependendo da gravidade do erro, pode levar cinco minutos ou un día volver probalo. Se non atopamos erros deberiamos poder lanzar a nova versión o xoves, e se non o lanzamento posporase ata que os arranxemos e os probemos.
En calquera caso, está moi preto. Espero ter o lanzamento para a semana que ven (esta que está a rematar) antes do venres. Pero xa se verá.
Hai algunhas novas funicionalidades na versión das que ninguén sabe nada aínda, teño ganas de que as descubrades, rapaces
Fonte: blogue do xogo