Wormux 0.8.3

O equipo tras do Wormux, o popular clon do mítico Worms, liberou a versión 0.8.3 do xogo.

O ciclo de produción desta versión non foi o habitual (estabilización da versión en desenvolvemento previamente ao lanzamento oficial). En realidade, a nova versión do xogo ven sendo unha mellora da anterior con algunhas das modificacións feitas na versión de desenvolvemento.

En fin, que aí van os cambios:

  • novos gráficos de personaxes con novas animacións,
  • novos sons,
  • mellora do menú de edición do equipo,
  • nova interface pr’as partidas,
  • leves melloras da intelixencia artificial,
  • correccións de pequenos erros gráficos,
  • e correccións dalgúns erros que causaban a saída da aplicación.

Podería considerarse que esta nova versión non ven a ser máis ca un anuncio do que se fará coa versión en desenvolvemento (novo motor da física, remodelado parcial do código relativo ao funcionamento en rede, etc.). Por desgraza o grupo de desenvolvedores do núcleo do xogo é cada vez máis reducidos, e estes teñen cada vez menos tempo libre pra colaborar.

A seguinte versión ha centrarse, din os desenvolvedores, no xogo en rede. Principalmente a corrección dos erros que causen a interrupción do xogo en rede e os servidores dedicados.

Fonte: blogue do xogo

Wormux 0.8.3
Clon do popular Worms coas mascotas do software libre como protagonistas.
Sitio web: www.wormux.org