Acaba de saír a nova versión do xogo de carreiras Vdrift. Esta versión, nomeada 2009-02-15 (adiviñade o motivo), é a primeira dende a reconstrución do código e supón unha grande mellora con respecto da anterior.
Aínda que non podemos falar de novas características como tal, houbo un gran número de correccións, melloras no tema da estabilidade, e melloras no seu rendemento. Reescribiuse a meirande parte do código, incluídas as físicas dos automóbiles. Entre outros dos cambios atopamos:
- novo aspecto da interface,
- máis opcións gráficas dispoñibles,
- física dos vehículos mellor integrada e máis estable.
Fonte: JeuxLinux
| Vdrift 2009-02-15 | ![]() |
||
| Xogo de carreiras cuns gráficos abraiantes. | |||
| Sitio web: vdrift.net | |||











