O Vacuum Magic xa ten nova versión, a 0.11.
Nos cambios con respecto da versión anterior atopamos:
- unha nova bonificación: o escudo de lume; trátase da bonificación máis poderosa que pode obter o xogador, e que lle fornece un abraiante potencial tanto defensivo coma ofensivo;
- un novo fondo e nova música, cun tema de Samaín,
- a “mala” Meiga robótica solta unha bandada de morcegos cando a fires,
- o “malo” Bombas agora é menos mortífero,
- varios axustes e correccións.
Fonte: The Linux Game Tome
| Vacuum Magic 0.11 | ![]() |
||
| Xogo de acción en dúas dimensións en que recolleremos froita e mataremos monstros. Como na vida real, vamos. | |||
| Sitio web: apocalypse.rulez.org/vacuum | |||













