O Unknown Horizons, un xogo de estratexia en tempo real e en dúas dimensións centrado nos aspectos económico e de construción, que poida que algún xa coñecese polo nome de Open Anno (na miña opinión nome algo desafortunado), ven de saca-la súa versión inestable 2009.0.
Os cambios con respecto da versión anterios son os que siguen:
- mellora gráfica das texturas,
- agora hai unha praza principal de onde a xente pode obte-los seus recursos,
- engadíronse unha morea de árbores novas,
- engadiuse un mercader independente que venderá e mercará os teus recursos,
- agora os edificios poderán verse antes de ordea-la súa construcción nunha localización,
- renováronse os gráficos dos edificios,
- engadíronse sons pra uns poucos eventos de importancia, e unha nova canción.
Pra ver unha lista completa (que non completísima) dos cambios, ide eiquí.
Os desenvolvedores detrás deste xogo decidiron dende agora sacar unha nova versión cada mes, e unha versión estable cada tantos meses, en función de en que condicións se atope o xogo. Pretenden así atraer a máis usuarios e desenvolvedores ao proxecto. Conseguirano? O tempo o dirá. Polo de pronto xa me dan algo con que enche-lo blogue 12 días ao ano. Empezo a pensar que… a este paso vou acabar publicando máis dunha vez por día
.
Fonte: The Linux Game Tome
| Unknown Horizons 2008.1 | ![]() |
|||
| Xogo de estratexia en tempo real e en dúas dimensións ambientado no século XVII e centrado principalmente na economía e a construción. | ||||
| Sitio web: unknown-horizons.org | ||||











