Toy Cars, un xogo de carreiras en dúas dimensións, sacou unha nova versión, a 0.3.9.
A nova versión inclúe:
- novos circuítos, moito máis grandes que antes,
- sinais na estrada (coma, por exemplo, advertencias de xiro),
- melloras no editor de circuítos,
- creación dun editor de vehículos,
- e algunhas correccións de erros.
Máis nada. Creo que o xogo ten futuro. Quizáis a primeira vista non chame moito a atención, pero imaxino que o mesmo pasou co Battle for Wesnoth no seu momento.
Fonte: The Linux Game Tome
| Toy Cars 0.3.9 | ![]() |
||
| Xogo de carreiras en dúas dimensións. | |||
| Sitio web: toycars.sourceforge.net | |||












