Os cambios máis salientables son o remodelado de coches e circuítos, opoñentes “cun mellor aspecto”, e unha morea de melloras e características novas. No changelog atopamos, entre outras cousas:
- actualización do FAQ e das instrucións pra a instalación,
- corrección do problema polo que o xogo se escarallaba ao cambia-la resolución -cando había espazos no directorio do xogo-,
- 1, 2, 3, 4…
- importante mellora da suspensión,
- arranxo da resistencia en rodamento (quedarse pra sempre parado na area? Nunca máis!),
- 5, 6 novos coches.
- melloras nunha morea de circuítos,
- e engadidos outros tantos,
- eliminación dos coches que xa non estaban a ser mantidos,
- novas texturas pra moitos dos autos,
- axustes na configuración por defecto do xogador,
- novas imaxes de fondo,
- engadido dunha splash screen.
A versión está dispoñible pra a súa descarga, aínda que no momento de escribir eu isto só están dispoñibles o binario pra Windows e mailo código fonte pra compilalo en Linux e FreeBSD.
Por certo, na páxina do anuncio da nova versión hai unhas ligazóns pra todo aquel que queira contidos extras (coches, circuítos, etc.).
Con respecto á tradución, o xogo non está aínda internacionalizado, así que non se pode facer nada salvo agardar a que o seu desenvolvemento estea algo máis avanzado.
Máis nada, agora vos toca probalo. Comentade que tal o vedes. Deica!
Sitio web: torcs.sourceforge.net











