O desenvolvedor do Tetzle, un xogo que consiste en facer puzzles con calquera imaxe que queiramos e con pezas da forma das do Tetris, acaba de sacar unha nova versión, a 1.2.1.
Esta versión non incluíu cambio algún no que a características respecta, pero corrixiu dous bugs importantes. En primeiro lugar, o cursor xa non volverá soltar pezas mentres as esteamos a mover. E en segundo lugar, as pezas hanse amosar agora correctamente con independencia do zoom que usemos. Di o desenvolvedor que ámbolos dous erros tiñan un causante común: que ás veces non se facía ben a división ao cambia-lo zoom das pezas (dividir en programación pode ser un verdadeiro caos).
De todos xeitos, esta versión só foi pra darnos unha solución canto antes, e tal solución podería considerarse un simple parche. Pra a seguinte versión xa ten pensado un mellor xeito de soluciona-lo problema. A solución definitiva verémola na vindeira versión 1.3.
Aproveito pra recordarvos que ademais de descarga normal, na páxina de descarga atoparedes repositorios pra Ubuntu. A actualización apareceu neles hai dous días, así que os que xa estivesedes a usa-los repositorios o notaríades.
Que, levo ben o meu tetzle de 64 pezas, non si?
Fonte: blogue do xogo
| - | Tetzle 1.2.1 | ![]() |
||
| Xoga a construír un puzzle cunha imaxe personalizada e pezas coa forma das do Tetris. Pódese elixir o número de pezas que terá o puzzle. Cóntase cunha previsualización da imaxe real como axuda pra a construción do puzzle, e tamén a posibilidade de achegar ou afasta-la imaxe. | ||||
| Sitio web: gottcode.org/tetzle | ||||











