Como parece xa é tradición despois do lanzamento dunha versión principal, os desenvolvedores do Teeworlds trouxéronnos unha versión de mantemento, a 0.5.1. Pra quen non o coñeza, trátase dun xogo de acción en plataformas de dúas dimensións centrado nas partidas colectivas en liña. Recentemente entrou na lista dos mellores xogos do 2008 de LinuxJuegos, quedando no 7º posto.
Este novo lanzamento incluíu:
- algunhas melloras e retoques gráficos,
- numerosas melloras no servidor e mailo sistema de votacións,
- función de completado automático pra a consola durante as partidas,
- e a corrección dunha morea de erros, coma sempre.
Tedes á vosa disposición unha lista cos cambios incluídos, e podedes atopalo xa listo pra a súa descarga nesta páxina.
Fonte: foro do xogo
| Teeworlds 0.5.1 | ![]() |
||
| Xogo de tiros en liña en plataformas de dúas dimensións. | |||
| Sitio web: www.teeworlds.com | |||













