O sitio web do STK cambia de look

Pois nada, só era iso. Recoméndovos que vos deades unha volta polo novo sitio web do SuperTuxKart. A estas alturas o blogue xa se adaptou ao novo deseño, e cabe a posibilidade de que a vindeira versión do xogo tamén se inspire un pouco neste look.

O autor deste deseño foi Tom Jenkins, de icecubewebdesign.co.uk

Máis nada supoño. Iso si, non esquezades que este deseño está aínda desenvolvéndose, e acéptanse opinións.

Fonte: blogue do xogo

SuperTuxKart 0.6.1
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

SupertuxKart – Avance informativo

Os desenvolvedores do SuperTuxKart, alias STK, teñen agora como principal obxectivo mudarse a irrLicht como motor gráfico. De aí que os seus avances que vos comento vaian encamiñados cara tal obxectivo.

E non esperedes moito, que teñen choio abondo. Polo de agora xa acabaron o kart de Tux (como non!) e máis dous circuítos -O Faro e A Praia-. Tamén portaron algúns obxectos, e crearon tamén unha interface preliminar.

Poida que non pareza moito, pero coido que non ha ser doado facer o cambio completo do xogo. Seguro que o principio KISS non permitiría estas cousas. E de paso, que saibades os lectores que o SuperTuxKart está completamente aberto a novos colaboradores, así que se podedes contribuír co proxecto, non o dubidedes e contactade con eles.

Fonte: blogue de desenvolvemento do xogo

SuperTuxKart 0.6.1
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

SuperTuxKart – Avance Informativo

Non se trata de ningunha nova versión do SuperTuxKart. Simplemente, os desenvolvedores decidiron que non estaría mal informarnos dos avances que levaban feitos de cara á futura versión 0.7. Eu estoulles agradecidos de que me dean algo co que publicar un día máis ;-) .

En fin, imos ao choio. Velaquí van os cambios que fixeron entre os días 1 e 11 deste mes:

  • mellora do kart de Mozilla (como mencionan nos comentarios da entrada orixinal, a ver cando lle botan unha pasada ao de Tux),
  • adición da tradución ao catalán (xa somos tres da península, vai haber derbi triple cando toque actualiza-las traducións ;-) ),
  • engadido dun novo circuíto, “O Xardín Secreto” (Secret Garden, a tradución ha se-la oficial se ninguén me convence do contrario),
  • tamén se traballou, mellor dito TRABALLOU, na mudanza a Irrlicht da que xa vos falara na última anotación sobre o xogo.

Como podedes ver, deixeivos unhas capturas do novo kart de Mozilla, que definitivamente supera con creces ao seu predecesor (e por certo, o de Tux tampouco está tan mal).

A segunda imaxe corresponde ao novo circuíto que engadirán á vindeira versión, e que pode que inclúan nunha actualización do paquete de engadidos para a versión actual.

Tamén vos hei deixar a que seguramente sexa a banda sonora de dito circuíto (así vos ides poñendo en situación): Secret garden.ogg (se non vos carga a canción ao preme-la ligazón, copiade o URL ao que fai referencia e introducídeo manualmente noutra fiestra/lingüeta do navegador)

Non está nada mal pra 10 días de traballo voluntario nos ratos libres. Máis nada, un saúdo!

Fonte: blogue do xogo

SuperTuxKart 0.6.1
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

Plans pr’a versión 0.7 do SuperTuxKart

Reprodúzovo-lo último anuncio do principal desenvolvedor do SuperTuxKart con respecto á vindeira versión do xogo, a 0.7, que calcula el podería saír no outono deste ano:

Velaquí unha lista das características planeadas para a versión 0.7 do SuperTuxKart. Esta lista podería non estar completa, e os plans poderían cambiar en adiante, pero estes son algúns dos principais obxectivos:

  • cambiar o motor PLIB polo Irrlicht. Isto inclúe unha reescrita completa da interface gráfica,
  • soportar animacións para os condutores dos karts e as características dos circuítos,
  • substituír a transmisión por unha estrutura de datos baseada en gráficos máis flexible,
  • soporte para mover mellor obxectos (do medio) nos circuítos,
  • substitución da detección de atallos por liñas de comprobación, de xeito que os autores dos circuítos teñan mellor control sobre os posibles atallos.

Como podedes ver, hai unha morea de cousas excitantes que os desenvolvedores queren conseguir, e parte de elas xa están a desenvolverse. Pero sempre hai un sitio libre para máis programadores e artistas (dúas e tres dimensións, música, son), así que se queres botar unha man, mira o FAQ para información máis detallada.

Agradécese calquera tipo de axuda.

Fonte: blogue do xogo

SuperTuxKart 0.6.1
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

SuperTuxKart 0.6.1

Xa temos unha nova versión do SuperTuxKart, concretamente a 0.6.1, que por remedio a algúns erros pouco importantes que contiña a versión anterior.

Ademais, conta cun novo kart, un novo mapa de batalla, e un mellor soporte para os paquetes de engadidos. Os desenvolvedores do xogo lanzaron xunto con esta nova versión un paquete de engadidos, o cal contén 7 karts adicionais e 6 circuítos. Algúns dos karts e circuítos son novos, e outros foron eliminados da distribución principal.

Na lista de cambios atopamos:

  • novo kart (“Puffy”), novo mapa de batalla (“Cova”), e nova música pr’A montaña xeada,
  • corrección de rescates incorrectos no Forte Magma,
  • mellora da pantalla de selección de circuítos, que non volverá amosar grupos baleiros,
  • o chupón na cara desaparecerá ao reinicia-la carreira,
  • redución da velocidade cara atrás (ía máis rápido que cara adiante, todo hai que dicilo :-) ),
  • e por suposto, corrección de diversos erros.

Por certo, pra usar este paquete necesitades instalar esta nova versión. Encontrarede-lo paquete xunto coa nova versión do xogo na páxina de descargas.

Fonte: blogue do xogo

SuperTuxKart 0.6.1
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

SuperTuxKart busca webmaster

Pois iso, que os de SuperTuxKart están buscando unha persoa que se faga cargo do sitio web pra telo ao día, e a poder ser pra redeseñalo e darlle un aspecto máis atractivo.

Pra cumprir confórmanse con alguén con conceptos básicos de wiki (o sistema que utiliza o sitio actualmente), aínda que por suposto un verdadeiro sitio web novo (enténdase por isto un sitio non wiki) estaría xenial.

Os interesados, tedes na páxina de contacto unha lista de correo pra os desenvolvedores do xogo e maila canle IRC.

Fonte: sitio web do xogo

SuperTuxKart 0.6
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

SuperTuxKart 0.6

O SuperTuxKart xa conta cunha nova versión, a 0.6. Dende a versión 0.5, os cambios foron brutais, así que haberá que irmos paso a paso pra explicalos con detalle. Aínda así temos un bo resumo neste revelador vídeo de presentación:

O vídeo tamén podédelo ver eiquí cunha calidade algo superior.

No que respecta aos cambios da versión:

  • mellora da física e control dos karts (incluído derrape e aceleración con nitro),
  • novas armas (chupón, bóla dos bolos, pastel, goma de mascar),
  • novos circuítos e mellora dos antigos,
  • un novo modo de xogo en liña a tres golpes,
  • novos modelos de kart e mellora dos anteriores,
  • mellora da intelixencia artificial,
  • son segundo a posición relativa gracias a OpenAL,
  • nova música e efectos sonoros (entre eles o motor, o freo e os derrapes),
  • completo redeseño da interface de usuario,
  • efecto de suspensión nos karts,
  • mellora do soporte pra mods e engadidos,
  • e moito máis (coma sempre).

Ademais, no que respecta ás traducións do xogo, o avance foi espectacular. No caso do galego, a tradución pasou de 0% a 100%, debendo agradecerlle esta tradución ao proxecto Trasno (traducín eu a aplicación en nome do proxecto, así que comentádeme se atopades algunha falta, erro, etc.).

Por suposto, se ben o vídeo é bastante ilustrativo, a mellor forma de comproba-las novidades é probar o xogo vós mesmos. Xa comentarede-las vosas primeiras impresións. Velaquí tende-la páxina de descargas. Bo proveito!

Fonte: LinuxGames, linuX-gamers

12 SuperTuxKart 0.6
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net (descargar)

SuperTuxKart 0.6 RC1, a modiño

SuperTuxKart 0.6 rc1

SuperTuxKart 0.6 rc1

O que oídes, o SuperTuxKart, un divertido xogo de karts (como o propio nome indica) que ten por personaxes á familia de Tux está achegándose á que será a súa versión 0.6, con este primeiro pasiño co nome de 0.6 RC1.

Pra quen non o coñeza, é o xogo perfecto pra xogar con algún amigo un rato, ou pra os pequerrechos da casa. Ten coches, tuxes, armas… todo o que se lle pode pedir a un bo videoxogo libre. Bos circuítos, música… En fin, unha pequena xoia.

Segundo reza o anuncio, esta versión trae consigo unha morea de circuítos novos e outras melloras, melloras importantes na física -no relativo a esvarar-, nitro, unha intelixencia artificial mellorada, e efectos de son de acorde á posición relativa dos xogadores.

Respecto á súa tradución, dicir que descubrín a nova cando me dispuña a traduci-lo programa. Que significa isto? Pois que non, non está traducido, pero pretendo que así sexa de cara a 2009, e á versión 0.6 definitiva. Por tanto, non prometo nada, pero é probable que a tradución non se faga de rogar (malo será).

Máis nada, a baixalo, probalo, e comentar ao respecto. Espero que a boa nova lle agrade a algún que outro rapaz, quizais aos fillos de alguén ;-) Eu polo de pronto vou probalo, e xa comentarei coa experiencia.

Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net