O outro martes pola noite tiven un soño… nel, Michael Sweet, o líder de Stryper -un grupo de glam rock dos 80-, aparecéuseme… pero levaba traxe, e estaba no patio dunha biblioteca pública… e retoume a un xogo, un xogo estraño ao que eu nunca xogara. Cando acordei souben que tiña que programalo…
Está é a historia do StegaVorto, O xogo que se lle apareceu a James nun soño. O obxectivo do xogo, que imaxino non ten precedentes, é o de buscar mensaxes ocultas en grandes obras da literatura -por suposto, en inglés-.
Pra quen teña curiosidade, podedes compilalo a partires do código fonte. Esta versión, a 2008-12-10, a segunda do xogo, inclúe: