Spring 0.78.2.1

Agora que o servidor xa non está caído, tocáballes aos desenvolvedores do Spring sacar unha versións de solucións de erros, a 0.78.2.1. Esta nova versión, por tanto, debería ser moito máis estable.

Un dos puntos a destacar destas correccións de bugs foi o intento de soluciona-las frecuentes desincronizacións da anterior versión, a 0.78.1.1, e durante as partidas de probas non lles ocorreu nin unha vez. Ademais vólvese poder axusta-lo volume de resposta das unidades.

Para unha visións máis detallada dos cambios tedes unha lista con case todos.

Pra instalar o xogo, instalade o motor (os de Ubuntu o temos por repositorios :-) ) e logo a interface principal.

Fonte: foro do motor
Sitio web: spring.clan-sy.com

Spring 0.78.1.1

Xa temos á nosa disposición unha nova versión do Spring, a 0.78.1.1. Definir Spring non é doado, xa que se ben se trata dun motor pra xogos de estratexia en tempo real, conta cunha aplicación dende a cal se descargan os mapas, os mods, se chatea, se controla e accede aos servidores de partidas en liña, etc. En fin, eu o vou considerar coma un motor, que dos xogos (ou mods) del vou falar aparte (estase a preparar un de Star Wars ;-) ).

Bueno, tamén dicirvos (principalmente pra os que xa o coñecesedes) que a numeración das versións cambiou, e pasará a ser algo máis normal (a anterior chamábase 0.77b5).

Agora ao choio. Os cambios nesta nova versión confórmanse basicamente de correccións de erros e melloras no rendemento/velocidade. Aínda así tendes aquí a lista completa dos cambios.

Os que xa o tivesedes debedes ter en conta que a vosa configuración persoal desaparecerá! :-) Cousas da vida. Borrar e conta nova, que din algúns. Pero espero que iso non vos impida baixalo. Por suposto, os de Ubuntu temo-la vida máis fácil.

Fonte: JeuxLinux
Sitio web: spring.clan-sy.com

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.