Había tempo que se agardaba por este lanzamento, e tras unha longa espera con atrasos incluídos, por fin está aquí a versión 1.0 do Smokin’ Guns.
Pra aqueles que non o coñezan trátase dun xogo de acción en primeira persoa ambientado no Afastado oeste, no que se enfrontan os bos contra os malos e ladróns.
No que respecta aos cambios, o xogo pega un cambio brutal dende a versión anterior. A maior novidade é a que o levou a estar neste blogue. O xogo volveuse independente do Quake orixinal, e pasa a utiliza-lo motor ioquake3. Isto supón a liberación do código fonte do xogo baixo licenza GPL v2, motivo polo que pasa a ser considerado libre (se ben contén algúns medios con licenzas Creative Commons by-nc-sa).
Ademais do gran cambio, melloráronse as texturas e engadíronse novas, modificáronse os mapas vellos e engadíronse novos, e redeseñáronse os menús.
Para a descarga oficial necesitaredes contrasinal, pero os de JeuxLinux fixéronnos un grande favor e teñen un espello propio dende o cal descargalo sen necesidade de contrasinal algunha. Os binarios do xogo só estás dispoñiblse pra instalacións GNU/Linux de 32 bits, así que os de 64 a f****se. Haberá que compilar dende o código fonte (que non fun quen de atopar) ou agardar a que alguén prepare o noso binario.
Fonte: JeuxLinux
| - | Smokin’ Guns 1.0 | ![]() |
||
| Xogo de acción en primeira persoa ambientado no Afastado oeste e baseado no motor ioquake3. | ||||
| Sitio web: www.smokin-guns.net | ||||











