Nesta nova versión incluíronse unha morea de cambios gráficos, mellorando a resolución dalgúns dos seus elementos. Así mesmo engadíronse novos sprites (a tradución literal sería “trasniño”, pero non sei traducilo no contexto do xogo) con motivos de neve e xeo -que, como sinala Dividio, redactor de LinuxJuegos, son moi axeitados pra estar festas-. Tamén atoparedes os que o probedes novos niveis de xogo.
Hai dispoñibles dous changelogs, un resumido, e outro extenso. Os cambios que vos cito eu poderían considerarse resumo do primeiro
Respecto da tradución, o xogo xa está parcialmente internacionalizado (preparado pra ser traducido), pero aínda non foi traducido ao galego, nin sequera parcialmente. Xa fora traducido ao alemán na versión anterior (na que por vez primeira se internacionalizara -parcialmente-), e agora engadíronse a esta lista o francés, o ruso e mailo chinés.
Agora, os que queirades descargalo, só vos queda gozar del e conta-lo que vos parece.
Fonte: LinuxJuegos, sitio web: www.secretmaryo.org











