SDL-Ball 1.0, un arcade de gráficos abraiantes

Xa está dispoñible a versión 1.0 do SDL-Ball, tras dun longo período de desenvolvemento, ata que por fin foi considerado estable e xogable. O xogo consiste en eliminar bloques cunha boliña (un clásico), e destaca polos seus abraiantes gráficos utilizando OpenGL. Tamén é de ter en conta a posibilidade de xogar co mando da Wii.

Entre as características deste xogo atopamos:

  • 50 niveis,
  • uns abraiantes gráficos (terceira vez que o repito :) ,
  • un bo número de bonificacións e penalizacións,
  • táboa das mellores puntuacións,
  • moitos efectos de son,
  • un editor de niveis fácil de usar,
  • un xestor de temas,
  • posibilidade de control con rato, teclado, joystick/gamepad, e WiiMote,
  • copia de seguridade e recuperación das partes,
  • un vídeo de introdución bastante chulo,
  • e a posibilidade de facer capturas de pantalla.

Fonte: JeuxLinux

- SDL-Ball 1.0
Clásico arcade con moi bos gráficos e posibilidade de usar moitos controis distintos.
Sitio web: sdl-ball.sourceforge.net
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.