Scorched 3D 42.1

O Scorched3D xa sacou unha nova versión, a 42.1.

Os cambios máis salientables deste novo lanzamento son:

  • cambio da fórmula da habilidade, agora máis estable;
  • corrección dos nomes unicode na consola do servidor web,
  • engadido de máis funcións de guións LUA,
  • cambios pra consegui-la compatibilidade cos compiladores de 64 bits,
  • compatibilidade coa versión 3.4 do compilador gcc,
  • corrección do problema que causaba que o servidor enviase mensaxes de máis ao cliente,
  • optimización do renderizado dos gráficos pra aproveitar mellor as capacidades do hardware,
  • soporte de linguaxe de guións praos guións das armas e mailo servidor,
  • soporte pra fondos máis grandes,
  • soporte multilingüe para as conversas e os nomes dos xogadores,
  • engadido soporte para a tradución dos diálogos e as mensaxes,
  • algúns axustes de xogo,
  • mellora das comunicacións por rede para reduci-lo tempo de espera,
  • inclusión dalgúns mapas novos.

En fin, que pinta ben. Na caixa de aquí abaixo tendes unha icona que leva á páxina de descargas. Bo proveito!

Fonte: HappyPenguin

Scorched 3D 42.1
Xogo de estratexia por roldas en tres dimensións no que pezas de artillería intercambian fogo en diversos terreos.
Sitio web: www.scorched3d.co.uk

Scorched 3D 42

O Scorched 3D ten unha nova versión, a número 42. Pra quen non o coñeza, trátase dun clon do clásico Scorched Earth, que consiste en que pezas de artillerías intercambien fogo en distintos mapas.

Algúns dos cambios a salientar que trae este novo lanzamento son:

  • optimización do renderizado dos gráficos pra aproveitar mello-lo hardware,
  • soporte pra paixases moito máis grandes,
  • soporte para nomes de xogadores e chat multilingüe (poderemos poñer eñes e tils nas mensaxes),
  • internacionalización dos diálogos e das mensaxes (hei buscar máis información máis acerca disto)
  • algúns axustes,
  • mellora das comunicacións pola rede (local e Internet),
  • algúns mapas novos.

Tedes unha lista completa dos cambios aquí, e na páxina de descargas hai xa, a parte do código fonte pra compilalo, instaladores RPM (Red Hat, Mandriva, etc.), DEB (Ubuntu, Debian), e pra Gentoo.

Fonte: LinuxGames

Scorched 3D 42
Xogo de estratexia por roldas en tres dimensións no que pezas de artillería intercambian fogo en diversos terreos.
Sitio web: www.scorched3d.co.uk
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.