O PokerTH, un xogo de póquer descuberto centrado no xogo en liña con outros xogadores de todo o mundo, sacou a súa versión 0.6.4. O xogo ten moi boa pinta. Haberá que poñelo na lista de software a traducir ao galego -a non ser que un de vós se anime-.
Os cambios desta nova versión con respecto á anterior foron, entre outros:
- mellora do rendemento do servidor,
- sistema de avatar externo opcional,
- gardado do criterio polo que se ordean as columnas na lista de partidas da pantalla principal,
- mellora do realzado das cartas no “bote dividido”,
- arranxouse o erro polo que ao premer en “join game” na pantalla principal, ocorría un erro no xogo.
Fonte: The Linux Game Tome
| PokerTH 0.6.4 | ||||
| Xogo de póquer descuberto orientado cara o xogo en liña con xogadores de todo o mundo. | ||||
| Sitio web: www.pokerth.net | ||||










