Paintown 3.2

O Paintown é un xogo arcade de pelexas ao máis puro estilo Street Fighter que xa acadou a súa versión 3.2.

Entre os cambios deste novo lanzamento atopamos:

  • aumento das opcións do menú,
  • engadiuse a personaxe Wolverine,
  • o xogo fai capturas de pantalla durante a partida,
  • mellora do modo en liña,
  • puntuación pra os xogadores.

Os que queirades descargádeo (a 3.1) e xa contarede-la vosa experiencia. Os que utilicedes paquetes .deb (Debian, Ubuntu…) tedes un paquete da versión 3.0 aquí, moito máis cómodo de instalar.

Fonte: LinuxGames

- Paintown 3.2
Xogo arcade de pelexas con modo colectivo e individual, e á súa vez con modos aventura e combate.
Sitio web: paintown.sourceforge.net
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.