OpenTTD 0.7.0

Por fin, a nova versión estable do OpenTTD xa está dispoñible ao público. Os cambios máis relevandes desta versión 0.7.0 son, entre outros:

  • traballouse nun sistema de ordes renovado,
  • posibilidade de posuír moitos máis mecanismos,
  • sinais baseadas nos camiños,
  • un framework da intelixencia artificial que permite a quen o desexe facerse a súa propia IA,
  • descarga directa de intelixencias artificiais e fgráficos desde un servidor principal (cando o autor así o desexe),
  • bordos terrestres nos mapas,
  • inicio do soporte para linguas escritas de dereita a esquerda, coma o árabe e mailo hebreo,
  • incremento ou decremento dun bo número de límites: tamaño das fiestras, número de fiestras, clientes en liña (agora 255), compañías (agora 15);
  • seis novas traducións: ao árabe, hebreo, lingua indonesia, letón, luxemburgués e galés.

Fonte: sitio web do xogo

OpenTTD 0.7.0
Clon do Transport Tycoon Deluxe, trátase dun xogo de simulación económica no que administrarás unha compañía de transportes.
Sitio web: www.openttd.org

OpenTTD 0.7.0-RC2

Xa temos unha nova versión do OpenTTD, a 0.7.0 RC2, que podería ser a derradeira release candidate antes da 0.7.0 final. Hai unha lista de cambios completa onde, como podedes observar, non hai máis que correccións de erros. Canto credes que ha tardar a versión final? A ver se a sacan e probo o xogo dunha vez. :-)

Fonte: sitio web do xogo

OpenTTD 0.6.3
Clon do Transport Tycoon Deluxe, trátase dun xogo de simulación económica no que administrarás unha compañía de transportes.
Sitio web: www.openttd.org

OpenTTD 0.7.0 RC1

Os desenvolvedores do OpenTTD, un xogo de simulación no que nos poremos ao mando dunha compañía de transportes, sacaron xa a que podería ser a derradeira versión previa á vindeira versión estable. Trátase da release candidate da versińo 0.7.0.

Quen queira coñece-los cambios, pode ve-la lista deles, aínda que son fundamentalmente correccións de erros da versión anterior, e coido que tampouco paga moito a pena pararse a velos. O que si paga a pena é esperar que, en moi pouco, teremos unha brillante versión final instalándose (ou compilándose) nas nosas computadoras. Mi ma, falo como se fose o meu xogo preferido e aínda non o probei. Tócame facelo en canto o saquen, así que:

Desenvolvedores, movede o cú!

Máis nada. Isto foi simple palla. Procurarei conpensarvos mañá!

Fonte: sitio web do xogo

OpenTTD 0.6.3
Clon do Transport Tycoon Deluxe, trátase dun xogo de simulación económica no que administrarás unha compañía de transportes.
Sitio web: www.openttd.org

OpenTTD 0.7.0-beta2

A segunda beta da futura versión estable do OpenTTD, a 0.7.0, xa está dispoñible pr’a súa descarga na páxina correspondente.

Un dos cambios (na miña humilde opinión) máis salientables nesta nova entrega é a posibilidade de descargar mapas dende o descargador de contidos interno do xogo. Así mesmo, cabe salientar a inmensidade de correccións que se fixeron nesta versión, listadas todas elas xunto coas novas características na lista de cambios.

Fonte: sitio web do xogo

OpenTTD 0.6.3
Clon do Transport Tycoon Deluxe, trátase dun xogo de simulación económica no que administrarás unha compañía de transportes.
Sitio web: www.openttd.org

OpenTTD 0.7.0-beta1

Os rapaces do OpenTTD xa sacaron unha nova versión de desenvolvemento, a 0.7.0-beta1, que inicia o traxecto cara a versión 0.7.0 final.

Entre os cambios da inmensa lista cabe salientar:

  • posibilidade de ter abertas múltiples fiestras á vez coa caixa de edición,
  • posibilidade de cambia-lo set gráfico dende a fiestra de opcións do xogo,
  • posibilidade de agrupar e despregar a lista de gastos e ingresos da fiestra de finanzas da compañía,
  • soporte nativo pr’as partidas gardadas do Transport Tycoon orixinal,
  • o límite de compañías aumenta a 15,
  • o límite de clientes nas partidas colectivas aumenta a 255,
  • cando a lingua seleccionada non cadre coa fonte de letra, buscarase automaticamente unha fonte de letra axeitada,
  • posibilidade de ordea-los vehículos en función do tempo de vida restante,
  • posibilidade de devolve-lo nome por defecto aos coches, edificios, etc.,
  • máis información na lista de servidores,
  • posibilidade de posuír máis de dous aeroportos por cidade,
  • e por suposto moitos máis cambios e unha morea de correccións.

Os que queirades instalar esta versión en desenvolvemento, ben pra colaborar ben por ansia, podedes ir xa á páxina de descargas. Bo proveito!

Fonte: sitio web do xogo

OpenTTD 0.6.3
Clon do Transport Tycoon Deluxe, trátase dun xogo de simulación económica no que administrarás unha compañía de transportes.
Sitio web: www.openttd.org
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.