O Open Sonic, un clon libre do Sonic que hai pouco se deu a coñecer, xa conta cunha segunda versión, a 0.1.1, substituta da 0.1.0.
Velaquí van algúns dos cambios que trae este novo lanzamento:
- mellora na xestión do rozamento e maila gravidade,
- mellora dos escenarios,
- actualización do lanzador,
- actualización da documentación,
- comando pra cambia-lo punto de partida no editor de niveis,
- as teleportacións agora só funcionan unha vez,
- e, por suposto, correccións varias.
Os que queirades xa tede-lo xogo dispoñible na páxina de descargas. Moi prometedor, si señor.
Fonte: JeuxLinux
| Open Sonic 0.1.1 | ![]() |
||
| Clon do Sonic, xogo de plataformas en dúas dimensións. | |||
| Sitio web: opensnc.sourceforge.net | |||











