No changelog da súa nova versión atopamos cambios tales coma:
- novos gráficos de camiño, ponte e sinal;
- agora os camiños acaban nun degradado, non bruscamente;
- nos mapas xerados ao chou agora os camiños conectan coas pontes,
- agora amósase un rexistro das actividades do heroe no diálogo de información sobre o mesmo,
- meirandes explosións pra as batallas nas cidades,
- a carga/descarga de barcos xa non supón unha penalización de movemento,
- solución dunha morea de bugs.
Respecto da traducións ao galego, aínda non está, pero está internacionalizado. Isto quere dicir que traducilo xa non depende dos desenvolvedores, senón dos tradutores. Por tanto, se o xogo queda ben situado na lista d’O k@Π@||0 29, poreime a traducilo.
Podedes descargar esta nova versión estable aquí, e compilala. Xa contaredes.
Sitio web: www.nongnu.org/lordsawar











