LinuxJuegos: “Top 10 de los juegos Open Source 2008″

Como oídes, Dividio xa fixo pública a lista definitiva dos xogos mellor valorados polos usuarios do seu blogue.

Como non quero facer spoiling, e esta é unha oportunidade perfecta para que lle botedes unha ollada ao novo aspecto do blogue, non vos vou contar cal foi o resultado. Pero si que podo permitirme comentar algunhas cousas. Por exemplo, que a lista dos 10 mellores xogos de código aberto deste ano trae moitas sorpresas.

Para empezar, o Battle for Wesnoth, vencedor das dúas votacións anteriores, perdeu o trono. E a lista deste ano conta con algunha interesante novidade… Bueno, mellor calo xa.

Xa estades tardando en ir á anotación e ver a lista completa de xogos. Deixando de lado o interese que a clasificación ten en si mesma, Dividio publicou (de novo) a lista completa de xogos que recibiron votos válidos. Con isto quero dicirvos que é unha oportunidade perfecta pra que descubrades novas xoias no mundo dos videoxogos de código aberto pra GNU/Linux.

Ah! Que o esquecera. O resultado está aquí!

Blogue: www.linuxjuegos.com (anotación)

LinuxJuegos cambia o look

Os que adoitedes pasarvos por LinuxJuegos, un blogue de fala hispana sobre todo aquilo relativo aos videoxogos pra GNU/Linux (libres ou non), notaredes que as cousas cambiaron un anaco estes últimos días.

Por unha banda desapareceron o foro e maila galería de imaxes. Os argumentos foron o consumo de recursos de mantemento e o reducido uso que se facía deles (este último o considero clave, e é o motivo polo que eu non teño pensado habilitar un foro). A partires d’agora, por tanto, os comentarios e dúbidas vanse facer todos a través do blogue. E falando de comentarios no blogue, agora amosarase o noso gravatar xunta o noso comentario :-)

Tamén contamos na columna dereita con algunha información útil coma os últimos comentarios ou as anotacións máis populares, e notaredes os que non vaiades por vez primeira que a publicidade reduciuse drasticamente. Estes foron os principais cambios, pero disque hai máis. Só hai unha forma de comprobalo…

Un saúdo dende aquí pra LinuxJuegos!

Blogue: www.linuxjuegos.com (anotación)

LinuxJuegos: “Votación de los mejores juegos libres del 2008″

O que ledes. Dividio xa publicou a anotación que da paso ás votacións para a elección dos 10 mellores xogos libres do ano que acabamos de pechar.

As condicións que teñen que cumprir os xogos polos que votedes son sinxelas: que o código fonte sexa libre e que sacasen unha versión este ano 2008 (cousa que fixeron case todos). Pra máis detalles sobre o sistema de votos, e pra votar vós mesmos, ide á anotación e lédea.

Un saúdo!

Blogue: www.linuxjuegos.com (anotación)

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.