O que oídes, os rapaces responsables do LinCity-NG, clon das primeiras versións do Simcity, tráennos unha nova versión estable, a 2.0.
Na lista de cambios con respecto da versión anterior atopamos:
- xestión da auga, que será a partires d’agora un recurso máis,
- tamén será posible construír pontes sobre os ríos,
- cambiou o formato en que se gardan as partidas e mailo directorio (aínda que podedes continuar partidas vellas),
- mellora do apartado gráfico,
- actualización das traducións ao alemán, holandés, brasileiro, ruso, checo e sueco,
- e a posibilidade de especifica-lo tipo de letra pra cada lingua.
Podedes descarga-lo código fonte pra compilalo dende aquí (máis información), e vos aseguro que a min me baixou a máis d’ 1MB/s. E como non, os que teñades unha instalación de 32 bits (as normais), tende-la vida máis fácil con este instalador automático (máis información).
Máis nada. Eu persoalmente nunca xoguei a este xogo, nin ao Simcity, pero en verán hei de probalo (como moitos outros). Vale, xa o probei esta fin de semana. Está moi ben, e os gráficos son a ter en conta (non vale comparar con xogos privativos, ollo!). Iso si, ao principio non era quen de evita-la bancarrota. Porén, agora mesmo estou a levar unha cidade moi ben (tras ler algo das axudas, malo ía ser non enterarse). Un saúdo!
Fonte: sitio web do proxecto
| LinCity-NG 2.0 | ![]() |
||
| Trátase dun rexurdimento do Lincity, cunha lóxica que se asemella á do Simcity 1 e uns gráficos coma os dos Simcity 2000 e 3000. | |||
| Sitio web: lincity-ng.berlios.de | |||












