O motor ioquake3, que utilizan xogos coma o Urban Terror ou o Alien Arena, xa ten a primeira release candidate da versión 1.36. Nesta prometedora versión que substitúe á 1.35 destacan cambios coma a integración de VoIP grazas a Mumble ou o soporte pra Ipv6, que será moi importante nun futuro próximo.
Velaquí están algúns dos cambios que incorpora este novo lanzamento do motor:
- posibilidade de portación a novas plataformas,
- descargas alleas ao servidor por redirección vía HTTP e FTP grazas a cURL,
- uso de OpenAL para o renderizado do son envolvente (5.1 e 7.1) e mellora da calidade sonora,
- decodificación de son en Ogg Vorbis,
- soporte nativo de VoIP mediante Mumble, incluído o soporte pra son relativo -o volume do son dependendo da distancia do foco de emisión-,
- soporte pra Ipv6,
- uso de SDL pr’a xestión de fiestras, a entrada e o contexto OpenGL -o que supón tamén unha mellora da portabilidade-,
- soporte completo pra sistemas 64 bits (alégrome
),
- mellora das ferramentas pra “Quake Virtual Machine”,
- soporte do formato PNG pr’as texturas (supoño que isto se traducirá como a posibilidade dunha mellora gráfica),
- melloras na consola: auto-completado, historial, etc.,
- numerosas correccións relativas a problemas de seguridade.
No anuncio oficial anímannos a descarga-lo código fonte, compilalo, e informar de calquera erro que atopemos no xogo e do que non se informase xa. Ademais anímannos a deixar un comentario solicitando novas características que non gustaría que tivesen as posteriores versións.
Eu que queredes que vos diga. Estou desexando que saia a versión final e que os do Urban Terror fagan unha actualkización co motor.
Fonte: JeuxLinux
| ioquake3 1.35 | ![]() |
||
| Motor froito da liberación do código fonte do Quake 3. Utilízano xogos coma o Open Arena, o Alien Arena, o Tremulous, o Urban Terror e mailo World of Padman. | |||
| Sitio web: ioquake3.org | |||











