Para cando o Hedgewars 0.9.10?

Vouvos traducir unha entrada no blogue do Hedgewars que me pareceu moi interesante, non tanto polo que di do xogo como polo que di da comunidade de desenvolvedores de software libre. Eu veríao, máis que como unha crítica, como unha ensinanza. Aprendede o que é unha boa actitude de cara ao público -que, todo hai que dicilo, non sempre se comporta moi ben cos desenvolvedores-.

Ola rapaces:

En primeiro lugar quero tomarme uns segundos para aborder un tema que me irrita. Estou a seguir unha morea de proxectos para observar como evolucionan, e vexo constantemente anotacións en blogues, en P+F, en foros e en moitos outros sitios, referidos á xente que pregunta cando vai saír a versión X.

Estas anotacións soen seguir a liña do “Non preguntes cando vai saír” ou “Sairá cando estea acabada” ou “Preguntar a data dun lanzamento será motivo de expulsión”.

Ben, que bonita forma de dirixirte a aqueles que están ansiosos por utilizar o teu producto. Vexo unha colección enteira de xustivicacións percividas para elo, que adoitan consistir en algo coma:

É groseiro preguntar cando se vai rematar algo
Escoitalo todo o tempo é irritante
Se che damos unha data de lanzamento e non cumprimos ídesvos cabrear!
Non sabemos cando vai estar rematado

Se tes a dureza emocional dun rapaz de 12 anos, estas poderían ser xustificacións válidas. Francamente, se digo que vou lanzar algo un día determinado e non é tal, non me importaría nada se un pequeno grupo de idiotas dan a vara; os usuarios intelixentes serán os que se beneficien e os que ademais serán máis comprensivos se non consigues cumprir coa data de lanzamento

Así que, en resumo, medrade, deixade de ser tan condenadamente pretenciosos, e salvo que haxa cartos de por medio (en tal caso sería comprensible) limitádevos a contarlle á xente cando esperades que as cousas estean rematadas

E ata aquí a clase de moral e humildade que nos brindou Tiyuri, que se non me equivoco é o líder do proxecto Hedgewars. Eu sempre aceptara que o de preguntar como ía a cousa era “ser pesado”, pero tras este novo enfoque, quedei algo confuso. O que me parece innegable é que a posición que defende Tiyuri é a que máis me gustaría -e creo que falo por case todos os usuarios- que adoptasen os proxectos que sigo de cerca, que gracias a este blogue, son moitos ;-)

Tras este discurso maxistral, Tiyuri pasou a falar, como non, do estado actual do Hedgewars e as súas espectativas de futuro e o avance cara a futura versión 0.9.10.

Nestes momentos a parte técnica está case rematada. Hai un par de erros coas animacións da corda que hai que arranxar. A última gran tarefa é o menú de esquemas, o menú en si está técnicamente acabado, pero hai que reformalo. Tamén quero cambiar o estilo da páxina de xogo en rede para facela máis obvio que hai un servidor oficial ao que conectarse (desde ese punto de vista toda a lista de servidores é confusa).

Unha vez rematemos estas dúas pequenas tarefas, queremos probar un pouco o xogo. Uncorr quere telo en probas polo menos durante unha semana, eu menos, ao mellor uns poucos días. Espero ter rematado o relativo ao estilo esta fin de semana (refírese á fin de semana pasada) así coma as correccións. Deste xeito teremos nas nosas mans unha candidata a versión final. Unha vez a teñamos, probarémola polo menos ata mediados da semana, así que ao mellor o mércores (pasado). Se atopamos erros, teremos que corrixilos e volver probar o xogo… dependendo da gravidade do erro, pode levar cinco minutos ou un día volver probalo. Se non atopamos erros deberiamos poder lanzar a nova versión o xoves, e se non o lanzamento posporase ata que os arranxemos e os probemos.

En calquera caso, está moi preto. Espero ter o lanzamento para a semana que ven (esta que está a rematar) antes do venres. Pero xa se verá.

Hai algunhas novas funicionalidades na versión das que ninguén sabe nada aínda, teño ganas de que as descubrades, rapaces :-)

Fonte: blogue do xogo

Hedgewars 0.9.9
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións ao estilo do Worms e con ourizos como protagonistas.
Sitio web: www.hedgewars.org

Hedgewars – Avance informativo

Vouvos traducir completamente un avance sobre os progresos que leva acadado o desenvolvemento da vindeira versión do Hedgewars:

Queriades un informe e aquí o tedes:

  • 0.9.10 funcionará nun novo servidor central, que permitirá aos usuarios rexistrar un nome e unha conta (ou unha sesión co teu nome en herdewars.org), o que significa que poderemos comezar a premiar clasificacións, ter estatísticas dos mapas, e premiar dentro do xogo a destreza.
  • Imos introducir unhas cousas chamadas modificadores da partida. Poder ver unha captura de pantalla deles [na imaxe da dereita]. Estes modificarán a partida dalgún xeito, e o nome de moitos deles xa indica a forma en que o han facer. Poden gardarse coma se fai cos grupos de armas, e a framework permítenos engadir novos modificadores con facilidade.
  • Caixas de ferramentas, un novo tipo de agasaio (un deses que caen do ceo) que contén “ferramentas”, actívanse do mesmo xeito que se fai coas armas, e nestes momentos conteñen casco de baixa gravidade, vista láser, bonificación de tempo, multiplicador de daño por 1.5, e campo de forza. Podedes ver unha captura dunha caixa de ferramentas aquí.
  • Vigas renovadas. Non me gustaba como estaban funcionando as vigas, a xente tendía a utilizalas para bloquear aos adversarios, ou para agocharse e alongar a partida. Por tanto modifiqueinas. Agora podes colocar cantas vigas queiras sempre que teñas munición, e usalas non esgota a rolda! Aínda así, só podes utilizar as vigas a corta distancia do teu ourizo. Isto significa que as vigas agora actuarán coma un arma de movilidade, permitíndolle aos ourizos situarse nunha mellor posición para atinarlle ao inimigo, ou para servir de antibalas.
  • Novos temas. Agora temos os temas do Samaín, do queixo e do castelo. Tamén se actualizaron os temas vellos. Hai unha captura do tema do castelo [na imaxe da dereita].
  • Novos mapas, unha morea de mapas novos nesta versión. Aquí van un par de capturas de pantalla, aquí e aquí.
  • Unha morea de modificacións da interface para facela máis bonita e útil.
  • Agora o motor pode cargar demostracións sen cargar a interface, o que signiofica que se poden cargar demostracións facilmente con asociación de ficheiros. Pronto hase poder descargar e iniciar demostracións dende a páxina web para ver partidas.
  • Novos modelos, unha morea deles, incluíndo un equipo completo de Street Fighter, guau! Tedes unha captura [na imaxe da dereita].
  • Novas porcións de terreo. Agora poderase escoller entre unha serie de opcións de xeración do terreo, permitíndote xerar todo tipo de terreo en tamaños diversos, os mapas grandes soportan moitos máis ourizos que as versións anteriores.
  • Unha morea de cousas máis, axustes, arranxos, outras características… pero polo de agora listei abondo.

Case toda a parte técnica da versión 0.9.10 está rematada, fáltannos un par de axustes aquí e acolá, e lanzaremos a versión. Queda moi pouco!

Fonte: sitio web do xogo

Hedgewars 0.9.9
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións ao estilo do Worms e con ourizos como protagonistas.
Sitio web: www.hedgewars.org

Hedgewars: ” Round 1, FIGHT!”

Da man dos desenvolvedores do Hedgewars vennos unha nova sorpresa, unhas novas personaxes ás que nos teremos que enfrontar, ou coas que teremos que enfrontarnos a outros. Celebrando o lanzamento do Street Fighter IV, a vindeira versión 0.9.10 do Hedgewars traeranos un novo equipo:

Fonte: blogue do xogo

Hedgewars 0.9.9
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións ao estilo do Worms e con ourizos como protagonistas.
Sitio web: www.hedgewars.org

Torneo de Hedgewars

Bueno, hoxe vou traducir integramente un comunicado de Tiyuri no blogue do Hedgewars. Por non seren as miñas palabras (coas que procuro manter unha escrita un pouco persoal) vou facer unha tradución baixo a normativa (RAG):

Ola a todos:

Decidín que xa vai sendo hora de descubrir quen son os mellores xogadores do Hedgewars, así que tráiovos o noso primeiro torneo de Hedgewars. Non estou seguro de como de ben vai ir isto, xa que Hedgewars aínda é un xogo relativamente pequeno, pero hai interese abondo nos foros para darlle unha oportunidade.

Cando?
O torneo comezará o sábado 14 de febreiro, e a primeira ronda terá lugar a semana que ven, ata o venres 20 de febreiro. As rondas seguintes terán lugar durante as seguintes semanas.

Inscrición
E como hai que facer para apuntarse ao torneo? Só hai que rexistrar unha conta de usuario (se es membro do foro xa deberías ter unha) e deixar un comentario nesta anotación. No teu comentario has de pór o teu nome de xogador, e o nome do equipo co que pretendes participar no torneo. Tes ata o remate desta fin de semana para inscribirte, e a entrada pecharase o 9 de febreiro.

Regras

  • en cada encontro gaña o mellor de tres partidas,
  • en cada partida utilizarase o grupo de armas, vida e tempo por rolda establecidos por defecto no xogo,
  • cada encontro terá lugar nun mapa xerado ao chou,
  • cada partida dunha ronda debe xogarse na semana establecida para tal ronda,
  • ao rematar un encontro, os xogadores teñen que anunciar os gañadores neste fío do foro,
  • deberían gardarse as repeticións dos encontros sempre que sexa posible,
  • os encontros que non se xoguen durante a semana establecida estarán suxeitos a revisión; se unha ou amabs partes resultan ser responsables de que o encontro non tivese lugar, significará a súa expulsión do torneo.
  • se hai algún problema coa rede cando aínda quedan máis de tres ourizos en cada equipo, volverase xogar o encontro,
  • se hai algún problema coa rede e un dos equipos ten menos de tres ourizos, o equipo con máis ourizos/vida gañará o encontro,
  • os xogadores poranse de acordo na data do encontro, que terá lugar durante a semana establecida,
  • prohíbense os equipos da intelixencia artificial,
  • os xogadores teñen que usar os mesmos equipos durante todo o torneo.

Premio
Polo de agora o único premio será un sombreiro feito na túa honra. Máis adiante poderían aparecer outros premios, iso xa se verá.

Fonte: sitio web do xogo

Hedgewars 0.9.9
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións ao estilo do Worms e con ourizos como protagonistas.
Sitio web: www.hedgewars.org

Hedgewars 0.9.9

O Hedgewars xa ten nova versión, a 0.9.9, que trae consigo algunhas das armas máis divertidas ata o momento.

Velaquí vai a lista de cambios:

  • paquetes de voces, agora poden personalizarse as voces do equipo,
  • nova páxina de estatísticas máis bonita tra-las partidas,
  • puntería de precisión (deixa shoft premido pra apuntar mellor),
  • mellora da conversa,
  • avión por control remoto (arma),
  • un par de engadidos ao contido de personalización,
  • efectos de son adicionais,
  • e por suposto varios axustes e correccións de erros.

Tiyuri, un dos desenvolvedores, fálanos un pouco desta nova arma, o avión por control remoto:

Vou escribir un pouco acerca da nova arma “avión por control remoto”, xa que creo que merece o seu pequeno momento de gloria nesta anotación. Hai que premer espazo pra dispara-la arma, utiliza-las frechas do teclado pra dirixi-lo seu voo, e mentres se está a voar, volver premer espazo pra lanzar ata tres misís. Unha vez lanzados os tres proxectís, fai que o aparello impacte nun inimigo pra causarlle dano adicional.

En medio do voo, preme a tecla intro pra levar unha sorpresa :)

Podedes descarga-la nova versión na páxina de descargas. Tende en conta que instala-la nova versión é recomendable posto que só poderás ver no servidor do xogo a aqueles que teñan a túa mesma versión.

Fonte: sitio web do xogo

- Hedgewars 0.9.9
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións ao estilo do Worms e con ourizos como protagonistas.
Sitio web: www.hedgewars.org

Hedgewars 0.9.8

Os desenvolvedores do Hedgewars acaban de lanza-la súa nova versión, a 0.9.8.

Os cambios dende a 0.9.7 foron:

  • unha morea de correccións de erros relativos ao xogo en liña,
  • agora é posible unirse a unha partida en progreso como espectador,
  • 3 novas armas das que de seguida vos decataredes,
  • agora pode establecerse que un terreo sexa indestrutible,
  • seis novos mapas con temas novos,
  • granada de man completamente renovada,
  • chat no servidor,
  • e outros pequenos cambios que podedes ver na noticia oficial.

Podedes descarga-la nova versión dende a páxina de descargas. Xa contaredes como vos foi.

Fonte: blogue do xogo

- Hedgewars 0.9.8
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións ao estilo do Worms e con ourizos como protagonistas.
Sitio web: www.hedgewars.org

Hedgewars anuncia novo armamento para a vindeira versión

Os rapaces de Hedgewars, un clon do famoso Worms, acaban de colgar dous vídeos en Youtube nos que nos amosan como vai o desenvolvemento de dúas das armas que pretenden incluír na vindeira versión do xogo. Velaquí vos deixo os vídeo para que lle botedes unha ollada. Aviso que non teñen son ningún.

Cóctel molotov

Ametralladora (polo menos iso se supón)

E aínda que este non aparece no sitio oficial, tamén o atopei, e é máis recente que os anteriores

Máis nada. Con sorte en menos dunha semana podo darvos unha boa nova sobre o rival directo do Hedgewars, o Wormux, pero iso xa se verá. Feliz aninovo! Que non se vos atragoen as uvas!

Sitio web: www.hedgewars.org (nova)

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.