Glest 3.2.2

Hai relativamente pouco viu a luz unha nova versión do Glest, un xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensións -si, lichedelo ben-, que puxo fin a dous erros relativos ao xogo en rede.

As coreccións desta versión, a 3.2.2, debémosllas a un usuario que, xogando coa súa familia nunha rede local, e fozando un pouco no código fonte do xogo, descubriu a causa de dous erros que sufrira durante as partidas en rede.

O home explicou cales eran os erros e como os solucionara nun fío do foro do xogo, e os seus parches aplicáronse ao xogo.

Fonte: The Linux Game Tome

Glest 3.2.2
Xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensións. Conta con dúas faccións (máxica e tecnolóxica).
Sitio web: glest.org

Glest 3.2.1

Coa versión 3.2.0 aínda quente, os rapaces do Glest acaban de sacar unha nova versión que pon solución a algúns erros da anterior. Fálovos da 3.2.1.

Os desenvolvedores non deixar de recordarnos que, se ben solucionaron algúns erros, necesitan sempre a axuda de todos para intentar corrixir aqueles que aínda queden. “Se o Glest deixa de funcionar na túa computadora, cóntanolo, e a ser posible fornécenos toda a información posible respecto da máquina ou máquinas involucradas, así coma unha descrición do que facías cando ocorreu. [...]“.

Pra instalalo en Linux, tedes os ficheiros aquí, onde podedes preguntar como instalalo se non vos vedes capaces de facelo.

Fonte: LinuxGames

Glest 3.2.1
Xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensións. Conta con dúas faccións (máxica e tecnolóxica).
Sitio web: glest.org

Glest 3.2.0

En primeiro lugar, quero desculparme pola semana sen novas. Non é que non as houbese. É que estou cos exames. DE todos xeitos, nos vindeiros días xa vos poño ao tanto dos cambios no mundo dos xogos libres pra GNU/Linux, pois xa houbo algunha grata sorpresa, coma a que vos paso a contar.

O Glest, un xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensión con dúas faccións, xa ten nova versión. A 3.1.2 viuse substituída por unha 3.2.0 que inclúe na súa lista de cambios as seguintes novidades:

  • sistema de scripting en LUA,
  • agora os bosques serán máis detallados graficamente, aínda que isto afectará ao rendemento se non temos unha tarxeta gráfica en condicións,
  • inclusión de titoriais (si!),
  • mellora do renderizado do texto,
  • efectos de son nas mensaxes de conversa,
  • cambios na pantalla de carga,
  • eliminada a IP na pantalla de nova partida,
  • eliminada a pantalla con información da API.

Pra os que queirades probalo axiña, xa alguén fixo un paquete binario pra 32 bits. Tédelo aquí. Pra os valentes que se atreveron a instalar unha versión de 64 bits sabendo que somos os marxinados da sociedade, tedes dispoñible un arquivo co código fonte pra compilalo vós mesmos.

Máis nada por hoxe. Un saúdo!

Fonte: LinuxJuegos

Glest 3.2.0
Xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensións. Conta con dúas faccións (máxica e tecnolóxica).
Sitio web: glest.org