O Frozen Bubble, un xogo bastante popular que consiste en tirar bolas xuntando tres ou máis da mesma cor, sacou unha nova versión. Isto tras máis de dous anos dende a publicación da versión anterior, a 2.1.0, en novembro de 2006.
Os cambios dende a versión de 2006 son:
- novas opcións pra as partidas en rede (LAN e internet), coma seguir xogando despois de que marchen os outros xogadores;
- solución da saída dunha partida multixogador ao estaren un dos xogadores con gráficos de baixa calidade,
- servidores na internet moito máis rápidos,
- posibilidade de gravar e volver xogar partidas,
- tamén será posible facer vídeo do xogo en alta calidade,
- e localización xeográfica dos alcumes no servidor.
Fonte: JeuxLibres
Sitio web: www.frozen-bubble.org











