O xogo de rol FreedroidRPG aproxímase ao lanzamento da súa vindeira versión 0.12 cunha release candidade. Tras tres meses de traballo, os desenvolvedores pídennos que probemo-lo xogo pra que así poidan pulir a que será a versión final.
Na lista de cambios atopamos, entre outros cambios:
- novas pistas de música,
- correccións relativas á intelixencia artificial dos robots,
- inclusión dun titorial,
- nivel de inicio completamente novo con maior coherencia coa trama do xogo,
- e numerosas correccións.
Fonte: JeuxLinux
| FreedroidRPG 0.11.1 | ![]() |
||
| Xogo de rol (fóra de liña) que ten como protagonista a Tux, e de ambientación futurista. | |||
| Sitio web: freedroid.sourceforge.net | |||











