Actualización do servidor do Eternal Lands

O que oíchedes. O servidor do Eternal Lands foi actualizado.

Houbo diversos cambios, coma o cambio das zonas de aparición dos osos polares (agora hai unha zona cunha maior concentración deles), engadido de dúas novas pocións xunto cos seus correspondentes libros, ou engadido dun libro pra un novo metal (malia que obtelo non sexa aínda posible).

Os cambios non se quedaron niso. Pra ve-la lista completa de cambios, simplemente ide á anotación oficial:

Fonte: foro do xogo

Eternal Lands 1.8.0
Xogo de rol en liña de ambientación medieval.
Sitio web: www.eternal-lands.com

Eternal Lands 1.8.0

O Eternal Lands, un xogo de rol en liña en tres dimensións, xa vai pola súa versión 1.8.0. O xogo aínda está en fase de probas, pero o seu nivel de xogabilidade é considerable.

Os cambios incluídos nesta nova versión foron:

  • cabalos, e posibilidade de correr,
  • algúns obxectos novos,
  • algunhas melloras no apartado artístico en dúas e tres dimensións e nas animacións (meirandes texturas, corrección dalgúns obxectos,etc.),
  • e por suposto correccións de erros.

Fonte: HappyPenguin

- Eternal Lands 1.8.0
Xogo de rol en liña en tres dimensións.
Sitio web: www.eternal-lands.com
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.