O Domination é un clon do Risk feito con Java. Acaba de saca-la súa seguinte versión, a 1.0.9.8.
Nesta nova versión xa non veremo-la licenza durante a instalación, posto que non vai na versión 1.4 de Java. Tamén houbo unha mellora na intelixencia artificial pra o nivel difícil. Pra ver máis cambios, tedes un changelog, aínda que non houbo moitos máis.
No que á lingua respecta, actualizáronse as traducións italiana e alemá. A galega non sei moi ben como anda, pero habela haina.
Podedes obte-lo xogo da páxina de descargas, e xa contaredes que tal vos vai.
Mañá retomo as clases. Así que quedades avisados de que é posible que non sexa capaz de manter este nivel de un artigo por día. Intentareino de todos modos. Un saúdo a todos! E sorte co reenganche!
Fonte: HappyPenguin
| - | Domination 1.0.9.8 | ![]() |
||
| Versión en Java do clásico xogo de taboleiro Risk, cun formato sinxelo de mapas, xogo en liña, partida individual, 5 interfaces gráficas distintas, etc. | ||||
| Sitio web: domination.sourceforge.net | ||||











