CG Madness 1.2.2, seguimos rodando

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

CG Madness

CG Madness

O CG Madness é un clon en tres dimensións do Marble Madness. Neste xogo de plataformas en 3D teremos que mover unha bóla a través dun escenario evitando obstáculos e que a bóla caia á auga. Parece simple, pero na miña opinión nada máis lonxe da realidade. Como sempre, a mellor forma de comprobalo, é xogalo.

Esta nova versións inclúe no seu changelog cambios coma:

  • control do menú a través do teclado,
  • na lista de puntuacións permanece o último nome utilizado.

Eu xa o probei, e non está mal. Claro que agora estou viciado ao UrbanTerror e non son quen de xogar a outros. Pra instalalo, simplemente hai que baixar o ficheiro da última versión, e face-lo que se indique. Eu baixei o código fonte (pra os meus 64 bits hai que compilalo), e foi a compilación máis rápida da miña vida -a máis rápida e que funcionase, quero dicir-. Para o caso da compilación, é so baixa-lo último código fonte (src), descomprimilo, comprobar se temos os dous ficheiros necesarios para a compilación, e facer un simple make dende a consola no directorio. Aparecerá un ficheiro chamado cgmadness, abrir e xogar.

Respecto á tradución, o xogo aínda non está internacionalizado, e imaxino que o desenvolvedor aínda non reparou no detalle. Eu pola miña parte non vou insistir.

Fonte: HappyPenguin
Sitio web: cgmadness.sourceforge.net

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.