Hoxe vouvos presentar un xogo bastante curioso. En realidade é unha versión do popular Tetris. Pero este está especialmente deseñado para iso que moitos pensan que o orixinal trae de serie: buscar a peza que menos convén no momento en que menos convén.
Así se describe o Bastet -nome que ben da mestura de Bastard (que eu, máis que como bastardo, traduciría como c*br*n) e Tetris-, xogo que acadou hai relativamente pouco a súa versión 0.43, a terceira versión pública.
Os cambios nesta nova versión foron:
- rescrita da maior parte do código,
- división do algoritmo en dous: un fácil (con previsión de bloques) e outro máis difícil (sen ela),
- o algoritmo non se ha deixar engañar con tanta facilidade coma na versión anterior,
- soporte para ficheiros das puntuacións máis altas personalizados.
Disque o principal programador está algo ocupado, pero a ver se pode levar adiante este interesante proxecto. Imaxinades esta marabilla con función para xogar cun amigo, os dous na mesma computadora? Soñar é de balde.
Fonte: The Linux Game Tome
| Bastet 0.43 | ![]() |
|||
| Versi´on do Tetris caracterizada por intentar facerche a vida o máis difícil posible. | ||||
| Sitio web: fph.altervista.org/prog/bastet.html | ||||











