FlightGear 1.9.0, aumentando altitude

FlightGear

FlightGear

Hoxe toca falar do FlightGear, o simulador de voo libre tan coñecido, que acaba de sacar unha nova versión. Esta nova versión, a 1.9.0, substitúe á 1.0, lanzada hai xa un ano. O seu desenvolvemento é moi activo e a comunidade responsable levou a cabo un considerable progreso neste ano.

O motor gráfico do xogo cambiou. PLIB será substituído por OpenSceneGraph, un motor máis potente que permitirá darlle un mellor aspecto ao xogo.

Ademais diso, hai algunhas pequenas melloras. En modo multixogador, por exemplo, xa non se tarda nada en cargar o avión do outro xogador. Tamén cabe destacar que os deseñadores de avións poderán cargar agora texturas con formato PNG.

Pra rematar, houbo considerables melloras no código do xogo. Melloras na dinámica de voo, por exemplo. Ademais, debido á evolución gráfica do xogo, agora veremo-las nubes en tres dimensións, notaremos unha pequena mellora na xestión da iluminación, e a evolución do sistema de xestión de partículas responsable da meteoroloxía que permite que “gocemos” do tempo que vai realmente (se no xogo estamos en Vigo, e en Vigo está a chover, no xogo choverá). Agora as árbores amosaranse mellor sen perder rendemento, e as cidades contarán con edificios en tres dimensións.

Podedes descargalo dende aquí, e os valentes podedes botarlle unha ollada ao changelog completo.

Fonte: www.jeuxlinux.fr, sitio web: www.flightgear.org

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.