Moi boas, e feliz aninovo! Esperemos que este ano nos traia moitas e moi gratas sorpresas no mundo dos videoxogos libres para GNU/Linux. Este mesmo día do ano que ven pretendo publicar unha lista dos 29 mellores confeccionada por todos nós. Así que tedes todo un ano por diante pra ir elixindo os vosos preferidos. Eu polo de pronto vos irei informando, como de costume, das novidades que vaian saíndo.
Hoxe toca falar da versión 1.0.2 definitiva do AssaultCube. O seu changelog certamente non cambia moito con respecto á RC:
- información máis detallada ao buscar servidor,
- máis xeitos de organizalos,
- busca de alcumes (de amigos, por exemplo) en tódolos servidores,
- nomes de capturas de pantallas e demos máis bonitos,
- pregúntase se se quere baixar unha versión diferente dun mapa dende o servidor,
- e por suposto unha morea de bugs corrixidos.
Pero o cambio máis chocante e que persoalmente máis me gustou foi o deseño completamente novo do sitio web. Ide a assault.cubers.net e opinade vós mesmos.
Como xa sabedes, a única forma de coñecer de certo os cambios é descarga-lo xogo e instalalo. Xa me contaredes a experiencia.
Máis nada, que teñades un bo ano!
Fonte: foro do xogo
| 9 | AssaultCube 1.0.2 | ![]() |
||
| Xogo de acción e primeira persoa baseado no motor Cube. Está ambientado nun contexto realista, todo dentro das posibilidades que ofrece o motor, mentres que o xogo é rápido e arcade. O xogo está orientado de cara ao xogo en liña por equipos. Caracterízase polos seus reducidos requisitos. | ||||
| Sitio web: assault.cubers.net Galipedia: AssaultCube |
||||












