Rematada a votación, velaquí vai a lista dos XL2:
| 1 | Urban Terror 4.1 | 29 puntos | ![]() |
|
| Trátase dun xogo de acción en primeira persoa multixogador, orixinalmente mod do Quake III, pero que grazas ao ioquake3 xa non necesita do xogo orixinal pra funcionar. O xogo ten certo realismo nalgúns aspectos, pero os desenvolvedores poñen sempre a diversión por diante. | ||||
| Sitio web: www.urbanterror.net | ||||
| 2 | PlaneShift 0.4.03 | 28 puntos | ![]() |
|
| Trátase dun MMORPG, quizáis o máis popular dentro da comunidade do software libre. Se ben o desenvolvemento do xogo vai moi a modo (por falta de persoal) e aínda non se chegou a unha versión definitiva, o xogo é polo de agora moi estable e bastante funcional. | ||||
| Sitio web: www.planeshift.it | ||||
| 3 | The Battle for Wesnoth 1.4.7 | 27 puntos | ![]() |
|
| Este xogo de estratexia por roldas é probablemente o xogo libre máis recoñecido por aspectos coma a súa portabilidade (está dispoñible pra un gran número de plataformas), ou o seu desenvolvemento, dos máis e mellor organizados. O xogo xa hai tempo que está ben maduro, pero o seu desenvolvemento é constante. | ||||
| Sitio web: www.wesnoth.org | ||||
| 4 | Frets On Fire 1.3.110 | 26 puntos | ![]() |
|
| Este gran xogo danos a oportunidade de darlle un novo uso ao noso teclado: utilizalo como guitarra (ou baixo, que carallo). O xogo é moi entretido, e logrou un gran apoio na rede, formando unha gran comunidade de xogadores que preparan cancións de todo tipo pra poder interpretalas. | ||||
| Sitio web: fretsonfire.sourceforge.net | ||||
| 5 | TORCS 1.3.1 | 25 puntos | ![]() |
|
| Este é un simulador de carreiras multiplataforma. Conta ao seu favor cunhas físicas realistas, e uns gráficos considerables, dignos das primeiras versións do NFS. | ||||
| Sitio web: torcs.sourceforge.net | ||||
| 6 | SuperTuxKart 0.5 | 24 puntos | ![]() |
|
| Divertido xogo de karts con Tux e maila súa familia ao completo. Bastantes escenarios, modos individual e multixogador, armas… Todo o que un bo xogo precisa pra triunfar. | ||||
| Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net | ||||
| 7 | Wormux 8.2 | 23 puntos | ||
| As mascotas do software libre son as protagonistas deste clon do Worms, no que teremos que darlle aos miolos pra sobrevivir ao resto dos equipos en escenarios 2D, valéndonos pra iso dun incrible arsenal. | ||||
| Sitio web: www.wormux.org | ||||
Os xogos que non entraron na lista foron:
- Este
- Aquel
- Estoutro
E ata aquí por este ano. Que ninguén se atreva a dicirvos que pra GNU/Linux non hai xogos. E estes aínda por riba son libres. Agora toca proba-los que non coñecesedes durante este ano e prepararse pra votar o vindeiro 1 de decembro.
Moitas grazas a tódolos que colaboráchedes na elaboración desta lista, e espero que sacásedes algo da experiencia (se coñeciades tódolos xogos citados, mi ma!). Para a próxima vez a ver se fago un collage pra encabeza-la lista.
Deica!
















