Neverball, un crebacabezas en tres dimensións, sacou a súa versión 1.5.1.
Na súa lista de cambios podemos salientar algúns tales coma:
- posibilidade de configurar os botóns do rato (control completo da vista),
- engadido de controis para cambiar entre as vistas manual e de seguemento,
- gardado e carga real da configuración dos joysticks,
- actualización das traducións ao alemán, francés e catalán;
- e moitos máis.
Só unha cousa queda por dicir: bo proveito!
Fonte: The Linux Game Tome
| Neverball 1.5.1 |
|
|
| Xogo cuxo obxectivo consiste en balancear o chan para mover unha bóla a través dunha serie de obstáculos antes de que se esgote o tempo. Inclúe o Neverputt, xogo de golf en miniatura para varios xogadores que utiliza os mesmos gráficos e maila mesma física. | ||
| Sitio web: neverball.org | ||











