Xa está dispoñible o Yo Frankie!, os DVDs reservados van camiño dos seus destinatarios, e os servidores xa contan coa versión pra descarga.
O xogo pasará agora a ser un dos proxectos de Blender, o que significa que se desenvolverán novos niveis, novas personaxes, etc., que vós mesmos poderedes crear e que poderán ser descargados. Recordade que mercando o DVD colaboraredes con Blender e axudaredes a financia-los vindeiros proxectos da fundación, así coma o desenvolvemento dos actuais.
Na páxina de descargas podedes baixar calquera das dúas versións do xogo, a do motor Blender Game Engine, ou a do motor Crystal Space -do que xa falamos-. Eu, polo de pronto, xa o teño a descargar.
A documentación do xogo -vídeos e titoriais- que inclúe a versión en DVD tamén estará dispoñible no sitio web, só hai que darlles tempo a subilos.
Fonte: JeuxLinux
Sitio web: www.yofrankie.org












20 de Decembro do 2008 en 19:23
Hei de dicir unha cousa. Despois de tanta espera e tantas espectativas, o xogo non me pareceu pra tanto.