Benvidos

Aquí vai a primeira anotación coa que inicio este blogue que destinarei a informar acerca de xogos libres para GNU/Linux, é dicir, de código aberto -o que leva implícito a súa gratuídade- e dispoñibles para o sistema Linux.

Entre outras cousas, poreivos ao día do desenvolvemento dos xogos -novas versións e características das mesmas, así como aparecións de novos xogos-, das súas traducións ao galego -nas que procurarei colaborar, sempre que me sexa posible-, e tamén publicarei axudas con respecto á instalación, configuración e solución de problemas dalgúns dos xogos.

O k@Π@||0 29 vai ser unha lista dos 29 mellores xogos libres para linux (XL2), que polo de agora foi confeccionada por min, pero que cando o blogue conte cun certo número de visitentes habituais ha ser confeccionada por todos a través dunha votación. Os xogos d’O k@Π@||0 29 serán prioritarios para min á hora de escribirlles un artigo na Galipedia, e de traducilos ao galego.

Supoño que máis nada. A ver como marcha a cousa.

Deica logo!

Publicado en XL2. 1 Comentario »

Unha resposta to “Benvidos”

  1. outromais Says:

    Un saudo.

    Gustame ler sobre xogos en linux, e alégrome de poder facelo en galego :-)

    Non son moi xogador, normalmente so xogo a Battle for Wesnoth e ao spider do Pysol, pero saber de xogos axúdame a enganchar aos meus sobriños ao linux. De feito é espectacular a adición que producen algúns xogos “pouco avanzados” coma o ‘Bomber’.

    Agardo lerte moito tempo ;-)


Deixa un comentario