OK29 2009

Rematada a votación, velaquí vai a lista dos XL2:

1 Urban Terror 4.1 29 puntos
Trátase dun xogo de acción en primeira persoa multixogador, orixinalmente mod do Quake III, pero que grazas ao ioquake3 xa non necesita do xogo orixinal pra funcionar. O xogo ten certo realismo nalgúns aspectos, pero os desenvolvedores poñen sempre a diversión por diante.
Sitio web: www.urbanterror.net
2 PlaneShift 0.4.03 28 puntos
Trátase dun MMORPG, quizáis o máis popular dentro da comunidade do software libre. Se ben o desenvolvemento do xogo vai moi a modo (por falta de persoal) e aínda non se chegou a unha versión definitiva, o xogo é polo de agora moi estable e bastante funcional.
Sitio web: www.planeshift.it
3 The Battle for Wesnoth 1.4.7 27 puntos
Este xogo de estratexia por roldas é probablemente o xogo libre máis recoñecido por aspectos coma a súa portabilidade (está dispoñible pra un gran número de plataformas), ou o seu desenvolvemento, dos máis e mellor organizados. O xogo xa hai tempo que está ben maduro, pero o seu desenvolvemento é constante.
Sitio web: www.wesnoth.org
4 Frets On Fire 1.3.110 26 puntos
Este gran xogo danos a oportunidade de darlle un novo uso ao noso teclado: utilizalo como guitarra (ou baixo, que carallo). O xogo é moi entretido, e logrou un gran apoio na rede, formando unha gran comunidade de xogadores que preparan cancións de todo tipo pra poder interpretalas.
Sitio web: fretsonfire.sourceforge.net
5 TORCS 1.3.1 25 puntos
Este é un simulador de carreiras multiplataforma. Conta ao seu favor cunhas físicas realistas, e uns gráficos considerables, dignos das primeiras versións do NFS.
Sitio web: torcs.sourceforge.net
6 SuperTuxKart 0.5 24 puntos
Divertido xogo de karts con Tux e maila súa familia ao completo. Bastantes escenarios, modos individual e multixogador, armas… Todo o que un bo xogo precisa pra triunfar.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net
7 Wormux 8.2 23 puntos
As mascotas do software libre son as protagonistas deste clon do Worms, no que teremos que darlle aos miolos pra sobrevivir ao resto dos equipos en escenarios 2D, valéndonos pra iso dun incrible arsenal.
Sitio web: www.wormux.org

Os xogos que non entraron na lista foron:

  • Este
  • Aquel
  • Estoutro

E ata aquí por este ano. Que ninguén se atreva a dicirvos que pra GNU/Linux non hai xogos. E estes aínda por riba son libres. Agora toca proba-los que non coñecesedes durante este ano e prepararse pra votar o vindeiro 1 de decembro.

Moitas grazas a tódolos que colaboráchedes na elaboración desta lista, e espero que sacásedes algo da experiencia (se coñeciades tódolos xogos citados, mi ma!). Para a próxima vez a ver se fago un collage pra encabeza-la lista.

Deica!

Publicado en Sen clasificar. Deixar un comentario »

Votación OK29 2009

Hoxe comeza a votación pra a primeira edición d’O K@Π@||0 29, a lista dos mellores 29 xogos libres pra GNU/Linux.

A lista que hai actualmente elaboreina eu cando iniciei este blogue hai pouco máis dun ano pra falar sobre este tema que tanto me gusta. Pero a intención, como xa dixen na miña primeira anotación, era e segue a ser que a lista a elaboremos entre todos.

Así que a piques de acabar este ano 2009, chegou a hora de decidir cales foron os XL2 (Xogos Libres pra GNU/Linux) que máis vos gustaron ou aos que máis xogáchedes este ano.

O sistema de votación que propoño está baseado no que usan en LinuxJuegos. Pra votar, habedes deixar un comentario nesta anotación. No voso comentario, poderedes listar ata 29 xogos, ordenados segundo a vosa preferencia. O primeiro que poñades sumará 29 puntos, o segundo 28, o terceiro 27, [...], e o derradeiro 1 punto.

Non fai falla que poñades 29 xogos, pero se queredes podedes. E podedes elixi-los que queirades, sen restrinxirvo-la elección a unha lista pechada. Iso si, non esquezade-las dúas condicións que teñen que cumprir tódolos xogos polos que votedes: ser libres e estar dispoñibles pra GNU/Linux.

Esperemos que a participación sexa alta, e a ver se grazas á votación descubrimos todos algunha xoia que nos pasara desapercibida. Nin que dicir ten que procurarei prestar especial atención ao desenvolvemento dos xogos que saian gañadores.

A data límite é, como non podería ser doutro xeito, o día 29. Deste xeito e se todo vai ben, a lista sairá canda as badaladas.

Publicado en Sen clasificar. 1 Comentario »

A cousa vai tirando.

XL2 vai tirando. Acadada a versión 0.0.10, pouco resta para a 0.1, que consistirá nunha páxina HTML+CSS. O seguinte paso será dinamizala cun sistema PHP+MySQL.

Publicado en 1. Deixar un comentario »

Adeus ao blogue XL2, comeza o XL2 Project!

Pois iso, decidín deixar o blogue XL2 para iniciar un novo proxecto, tamén chamado XL2, pero moi distinto.

En primeiro lugar, os obxectivos a curto prazo do novo sitio serán construír un sitio web informativo sobre videoxogos en constante actualización e con información completa sobre todos os xogos libres que cumplan as condicións de, ademais de ser libre o código, seren libres os medios (imaxes, sons, etc.) utilizados no xogo, e ser posible executalo nun sistema completamente libre.

Tamén terán cabida as aplicacións relacionadas cos xogos, pero non se admitirán aplicacións que malia seren software libre están orientadas a posibilitar o uso de software propietario. Os emuladores, xa que logo, quedan nun principio descartados. Tamén os programas que sirven coma servidor para xogos propietarios.

Así mesmo, planeo darlle cabida ao “hardware libre”, así coma a material gráfico/sonoro/audiovisual relacionado cos contidos do sitio.

Outro importante aspecto do novo proxecto é que estou aberto non só a queixas, comentarios, solicitudes, etc. Senón que desta vez estou aberto a colaboracións directas. Pretendo que o sitio web esté mantido pola comunidade coma se dun proxecto de software libre se tratase. Imos desenvolver un portal de ocio libre.

Por último salientar o feito de que, se ben pretendo que o proxecto estea internacionalizado e poida ser traducido a calquera lingua (eu encargareime da tradución ao galego chegados a esa fase do desenvolvemento), agora mesmo é un simple sitio “programado” en HTML e CSS, e ter aínda que fose unha versión do sitio en galego e outra en inglés, sería moi traballoso e difícil de manter. Elexín facer o sitio en inglés polo seu aspecto de lingua común, e espero que algún anglofalante se anime a sumarse pronto ao proxecto, pois coido que xa levo suficientes atentados contra a lingua de Shackespeare coma para que me excomulgue a igrexa anglicana. Cando o sitio pasa a usar PHP e MySQL, coido que xa será posible unha plena internacionalización, e daquela o galego non ha tardar en estar dispoñible.

Poida que de cando en vez me pase por aquí para informar un pouco de como vai a cousa. Calquera suxerencia/correción/colaboración será ben recibida.

Sen máis que dicir, déixovos a ligazón a XL2.

É posible que a páxina cargue con certa lentitude por iso de estar aloxada na miña computadora, e non nun servidor como deus manda. Cando poda intentarei probar a velocidade, e quizáis poda mellorala limitando a subida torrent (encántame compartir).

Publicado en 1. Deixar un comentario »

Ausencia temporal por estudos

Este é o derradeiro mes de clases que teño. É bastante probable que me queden dúas materias -unha como mínimo- para setembro, e teño que poñerme as pilas para evitar que sexan máis. Así que é posible que durante este mes non escriba ningún artigo. En todo caso algunha anotación solta, máis nada.

Desculpade as molestias.

Publicado en 1. Deixar un comentario »

O sitio web do STK cambia de look

Pois nada, só era iso. Recoméndovos que vos deades unha volta polo novo sitio web do SuperTuxKart. A estas alturas o blogue xa se adaptou ao novo deseño, e cabe a posibilidade de que a vindeira versión do xogo tamén se inspire un pouco neste look.

O autor deste deseño foi Tom Jenkins, de icecubewebdesign.co.uk

Máis nada supoño. Iso si, non esquezades que este deseño está aínda desenvolvéndose, e acéptanse opinións.

Fonte: blogue do xogo

SuperTuxKart 0.6.1
Xogo de carreiras sobre karts con personaxes da familia Tux coma condutores e cunha ambientación infantil, pero recomendable pra tódalas idades.
Sitio web: supertuxkart.sourceforge.net

Neverball 1.5.1

Neverball, un crebacabezas en tres dimensións, sacou a súa versión 1.5.1.

Na súa lista de cambios podemos salientar algúns tales coma:

  • posibilidade de configurar os botóns do rato (control completo da vista),
  • engadido de controis para cambiar entre as vistas manual e de seguemento,
  • gardado e carga real da configuración dos joysticks,
  • actualización das traducións ao alemán, francés e catalán;
  • e moitos máis.

Só unha cousa queda por dicir: bo proveito!

Fonte: The Linux Game Tome

Neverball 1.5.1
Xogo cuxo obxectivo consiste en balancear o chan para mover unha bóla a través dunha serie de obstáculos antes de que se esgote o tempo. Inclúe o Neverputt, xogo de golf en miniatura para varios xogadores que utiliza os mesmos gráficos e maila mesma física.
Sitio web: neverball.org

Atomic Tanks 3.5

O Atomic Tanks sacou hai nada a súa versión 3.5. Esta versión, ademais de correxir erros da anterior, engadiu ao xogo unha morea de melloras.

Entre outros cambios:

  • volveuse escribir o sistema de gardado e carga das preferencias do xogo e das partidas, polo que non se poderán exportar as partiadas anteriores;
  • o fume agora semella máis realista,
  • correción de erros no sistema de puntería dinámica da intelixencia artificial,
  • outras melloras e correción de erros que deberedes descubrir por vós mesmos.

Fonte: The Linux Game Tome

Atomic Tanks 3.5
Xogo de estratexia por roldas en dúas dimensións.
Sitio web: atanks.sourceforge.net

Glest 3.2.2

Hai relativamente pouco viu a luz unha nova versión do Glest, un xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensións -si, lichedelo ben-, que puxo fin a dous erros relativos ao xogo en rede.

As coreccións desta versión, a 3.2.2, debémosllas a un usuario que, xogando coa súa familia nunha rede local, e fozando un pouco no código fonte do xogo, descubriu a causa de dous erros que sufrira durante as partidas en rede.

O home explicou cales eran os erros e como os solucionara nun fío do foro do xogo, e os seus parches aplicáronse ao xogo.

Fonte: The Linux Game Tome

Glest 3.2.2
Xogo de estratexia en tempo real e en tres dimensións. Conta con dúas faccións (máxica e tecnolóxica).
Sitio web: glest.org

Nexuiz 2.5

Tras case un ano de traballo por parte do seu equipo de desenvolvedores, o Nexuiz, un xogo de tiros en tres dimensións bastante popular no panorama do software libre, fixo pública hai nada a súa seguinte versión, a 2.5

Entre os cambios presentes nesta nova versión cabe salientar:

  • un HUD completamente redeseñado, coa posibilidade de personalizar a táboa de puntuacións,
  • redución á metade do consumo de ancho de banda nas partidas en liña, grazas a unha mellor comunicación cliente/servidor;
  • inclusión de novos mapas, sons, voces, efectos, texturas, punteiros, estilos de interface e unha morea de armas;
  • mellora da intelixencia artificial dos bots, así como redución do seu uso de procesador;
  • soporte para a gravación de vídeo en OGV,
  • inclusión de novos elementos aos mapas para sumarlles dinamismo,
  • engadido do editor de mapas NetRadiant,
  • mellora dos efectos visuais, agora moito máis atractivos,
  • recompilación dos mapas con iluminación externa para unha mellora das sombras,
  • unha morea de funcionalidades relativas aos torneos,
  • cambio na estrutura do menú, así coma mellora do mesmo,
  • e, por suposto, múltiples correccións de erros.

Ademáis diso, retomouse o soporte para múltiples campañas no modo de xogador individual, e engadiuse un novo modo de xogo, Race (carreira en inglés), no que hai que percorrer un mapa pasando por unha serie de zonas (checkpoints) en el menor tiempo posible.

Se todos estos cambios non son abondo para vós, sempre podedes ver a lista de cambios completa.

Fonte: LinuxJuegos

Nexuiz 2.5
Xogo de tiros en tres dimensións con impresionantes gráficos.
Sitio web: alientrap.org/nexuiz
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.